thumb|esquerda|200px|Estatua de Stalin fronte ao concello Gori () é unha cidade industrial na provincia Shida Kartli en Xeorxia. A cidade foi fundada por un dos máis grandes reis de Xeorxia, David o Construtor (1089-1125). Está protexida pola fortaleza medieval de Goristsikhe.

Guerra de Osetia do Sur de 2008 Durante o transcurso da Guerra en Osetia do Sur de 2008, os obxectivos militares de Gori foron atacados por avións de combate rusos na madrugada do 9 de agosto de 2008.Фотографии Reuters из грузинского Гори поставлены под сомнения (en ruso)

O 11 de agosto de 2008 as fontes xeorxianas informaron de que Gori foi tomada polas tropas rusas. O Ministerio de Defensa de Rusia desmentiu esta información. Segundo periodistas independentes, os habitantes abandonaron a cidade, pero non viron indicios de presenza rusa na zona.

O 13 de agosto en Gori seguía unha parte da poboación, que empezaba a ter problemas coa subministración de alimentos. Ese día as forzas de Rusia intentaron contactar coa administración local, inicialmente sen éxito xa que o goberno local xeorxiano, as tropas xeorxianas e gran parte dos habitantes, convertidos en refuxiados, marcharon da cidade. As forzas de paz rusas localizaron un almacén militar con armamento "listo para ser usado" nas aforas da cidade.

Logo os representantes das autoridades xeorxianas e enviados estranxeiros, xunto cos mandos das forzas rusas comprobaron que os edificios da cidade non estaban danados.Российские военные пытаются найти администрацию грузинского Гори (en ruso)

O 14 de agosto o control sobre a seguridade de Gori foi traspasado á policía xeorxiana,Контроль над Гори передан грузинским полицейским (en ruso) mais os accesos á cidade e as instalacións militares próximas seguirían baixo o control ruso ata o 22 de agosto.

Famosos de Gori Foi o lugar de nacemento do líder soviético Iosif Stalin en 1878 e posúe un museo con artigos relacionados coa súa vida, así como a última estatua en pé de Stalin.

Notas

Categoría:Cidades de Xeorxia