A Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) é unha organización española de segrares católicos cuxo modo de perseguir o ideal relixioso é a propagación da fe católica e o apostolado, formando e instando a minorías selectas destinadas a dirixir a vida pública da sociedade e a acción social e política dos católicos, entre os que exercen un papel aglutinante.

Historia e características

A asociación foi fundada en 1909 polo sacerdote xesuíta Ángel Ayala.Barreiro Gordillo (2018), p. 682 Foi consolidada por Ángel Herrera Oria nos anos vinte.

Segunda república e Guerra civil Durante a Segunda república, foi quen aglutinou o pensamento político católico e fomentou a creación da CEDA. Durante a Guerra civil, na zona republicana, os seus locais foron saqueados e moitos dos seus socios foron perseguidos e reprimidos.

Influencias no franquismo Durante o réxime do xeneral Franco, nos primeiros anos, algúns dos seus socios foron culpados de actuar con ambigüidade durante a República e de non apoiar claramente os ideais falanxistas deses anos.Barreiro Gordillo (2018), pp. 682-683 Malia todo, axiña comezou a colaboración co novo réxime e, no segundo goberno de Franco, en agosto do 1939, varios socios entraron no goberno como José Larraz (en Facenda), José Ibáñez Martín (en Educación), e Pedro Gamero del Castillo (Ministro sen carteira).Barreiro Gordillo (2018), pp. 683

Posteriormente, os propagandistas constituíron unha das familias máis influentes do panorama español, especialmente na década dos anos 40 trala sinatura do acordo de 1941, entre o Vaticano e o estado franquistaBarreiro Gordillo (2018), pp. 685 e a derrota das Potencias do Eixe na Segunda guerra mundial que provocaron o desprazamento dos sectores da Falanxe Española en beneficio do nacional-catolicismo representado polos propagandistas, ata a aparición dos tecnócratas do Opus Dei.

No réxime franquista, os propagandistas, participaron amplamente nas estruturas do Ministerio de XustizaBarreiro Gordillo (2018), pp. 684 pero máis importante foi a súa influencia ocupándose dos ámbitos relacionados coa educación co xa citado Ibáñez Martín, quen foi ministro durante doce anos e que promoveu a outros propagandistas no ministerio e no CSIC, cando este foi creado en 1939.

Tralo Concilio Vaticano II, algúns propagandistas, como Joaquín Ruiz-Giménez convertéronse en opositores ao réxime, en tanto que outros, integrados no grupo Tácito, premeron a prol da reforma do réxime. Moitos propagandistas tiveron un papel moi influente durante a Transición, chegando un deles, Leopoldo Calvo-Sotelo á presidencia do Goberno.

Proxectos Da ACdeP xurdiron varios proxectos: A Editorial Católica. A Confederación Nacional de Estudantes Católicos. A primeira escola de Periodismo de España, vinculada ao diario El Debate. Os xornais Ya, Hoy de Badaxoz e o Ideal de Granada. O Instituto Social Obreiro. A Biblioteca de Autores Cristianos. O Instituto Social León XIII. Cáritas Española. A Asociación Pío XII de agricultores. A Escola de Cidadanía Cristiá da Igrexa. Os congresos e xornadas Católicos e Vida Pública. O Colexio Maior Universitario San Pablo de Madrid, que é a principal obra da ACdP na actualidade.

Fundación Universitaria San Pablo CEU

miniatura|Fachada da Universidade San Pablo CEU, de Madrid. A Fundación Universitaria San Pablo CEU, da que dependen as universidades San Pablo de Madrid, Cardenal Herrera de Valencia e a Abat Oliba de Barcelona. Así coma cinco colexios de primaria e secundaria en Madrid, Valencia, Barcelona, Alacant e Murcia. Tamén ten diferentes centros de posgrao, unha escola de maxisterio e dúas escolas de negocios.

Da Fundación San Pablo Andalucía, fundada polos propagandistas andaluces depende a Universidade Fernando III cuxa propiedade está compartida coa Provincia da Bética da Compañía de Xesús.

Presidencia O 18 de xullo de 2026, foi elixido como presidente José Massip Marzà que era vicepresidente e substituíu a Alfonso Bullón de Mendoza quen fora elixido en 2018.

O arco de presidente da ACdP, supón tamén a presidencia de diferentes institucións controladas pola asociación como a da Fundación Universitaria San Pablo CEU, Fundación Abat Oliba, Fundación San Pablo Andalucía CEU ou o Colexio Maior Universitario San Pablo e a Fundación Cultural Ángel Herrera Oria.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Hermandad Obrera de Acción Católica Juventud Obrera Cristiana Universidade San Pablo CEU Universidade Abat Oliba CEU

Categoría:Organizacións católicas Categoría:Historia de España do século XX