Santo André é unha importante cidade industrial e comercial na Megalópole de São Paulo. Co crecemento industrial brasileiro das décadas de 1950 e 1960, a cidade recibiu industrias de pezas para automóbiles, equipamentos eléctricos e motores, produtos químicos, pezas de plástico, téxtiles, e outras e, a partir de entón, tivo un gran crecemento de poboación. É hoxe unha das máis grandes cidades do estado e, a pesar dalgunhas industrias teren cerrado as súas fábricas na cidade (despois de que os terreos para expansión foran escasos) e as teren transferido a outros puntos do Brasil, o comercio e os servizos da cidade permaneceron e diversificáronse.

Por ser veciña á cidade de Sao Paulo, unida a esta por diversos medios de transporte (ferrocarril, ómnibus), e os seus límites xeográficos confundírense, mesmo os seus habitantes que traballan na capital fan compras e pagan os seus impostos na cidade, ademais de seren utilizados os seus servizos por persoas de cidades veciñas, inclusive da capital. Así, a súa dinámica económica permanece.

miniatura|esquerda|250px|Vista da Vila de Paranapiacaba. Pertence á cidade o antigo distrito de Paranapiacaba, xurdido coa instalación do ferrocarril que uniu a cidade de Santos a Jundiaí en 1872. Era un acampamento dos traballadores da construción e dos enxeñeiros ingleses que proxectaron o ferrocarril. A estación do ferrocarril na vila de Paranapiacaba ten unha curiosa copia do reloxo Big Ben, ademais dun museo ferroviario.

Categoría:Cidades do estado de São Paulo