O Castro de Santa Comba é un castro costeiro situado na illa de Santa Comba (concello de Ferrol), formada actualmente por tres illas, con orientación NO-SE. Sobre a illa central, a de maior tamaño, está a ermida de Santa Comba, do século XI.

Descrición miniatura|esquerda|Debuxo da lousa de Santa Comba, unha fusaiola do século I a. C. ou d. C. coa inscrición REBE TRASANCI AVG[VST]E. No ano 2001 a Universidade da Coruña e o CSIC iniciaron un traballo de escavación na illa de Santa Comba que foi continuado ata o ano 2006. As tres illas formaban unha península unida a terra. As tres illas teñen unha lonxitude total de 320 metros e unha anchura máxima de 110 metros. Alí atopouse o único forno obradoiro para traballos con ferro que se coñece en Galiza."Ferrol nació en tres islas con minas de oro y hornos celtas Universidade y CSIC preservarán los restos de Santa Comba gracias a un plan director" , artigo en El Correo Gallego, 12 de abril de 2011 .

O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E"Un excepcional achado epigráfico" , artigo de André Pena Graña, 2001. ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»). Esta inscrición fai referencia á Terra de Trasancos, organización territorial nacida durante a Cultura castrexa.

As prospeccións feitas na terceira campaña de prospeccións arqueolóxicas nas illas e na zona próxima feitas polo CSIC e a UDC atoparon indicios de construcións."O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas volven ser motivo de análise", artigo en Diario de Ferrol, 20 de agosto de 2015.

Accesos O acceso só é posible na baixamar á illa central que é a de maior tamaño e na que está a Ermida de Santa Comba.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Armada, Xosé-Lois e Alonso, Víctor (2016): O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas. Edicións Embora El yacimiento de Santa Comba (Covas, Ferrol): investigaciones arqueológicas en un enclave de la ruta marítima atlántica. Xosé Lois Armada Pita, Víctor Alonso Troncoso, Pedro Carrasco García, Manuela Costa-Casais, Alejandro Güimil-Fariña, Patricia Mañana-Borrazás, Carlos Otero-Vilariño. Gallaecia ISSN 0211-8653 ISSN-e 2445-3927, 2015 42 páxinas.

Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Santa Comba