miniatura|Casa do concello de Marín. Juan Argenti Navajas, nado en Madrid o 21 de agosto de 1893 e finado na mesma cidade o 31 de maio de 1971, foi un arquitecto e político español aveciñado en Galicia.

Traxectoria Cursou a carreira de arquitectura en Madrid. En 1918 chegou a Pontevedra. Foi arquitecto de Facenda e da Vivenda en Pontevedra, fixo o plano urbanístico da Estrada, a Casa do Concello de Marín e outras moitas obras na provincia. Foi alcalde de Pontevedra do 30 de maio de 1952 ao 18 de outubro de 1957. Foi procurador en Cortes (1952-1957). Finou en Madrid o 31 de maio de 1971.Necrolóxica en ABC

Vida persoal Casou con Isolina Ulloa Martínez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1971