O Castro do Petouzal ou Castro do Couto é un castro costeiro de chaira-outeiro fortificado de Narón.

Descrición O castro está situado na ladeira do monte do Couto de costas á ría de Xuvia e moi preto do Mosteiro do Couto ao que dá nome. Ten unha forma case circular de 87 metros de N-S e 108 metros de E-O. Só se conserva a parte S-E onde se poden ver tres liñas defensivas concéntricas moi próximas entre elas. O resto do castro está moi afectado polas labouras agrarias. A croa foi aproveitada como leira. Sobre a croa pasa unha liña eléctrica. O castro está catalogado e protexido por Patrimonio.

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro Ligazóns externas Castro do Couto .

Petouzal