Os Lamniformes son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfosFroese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2010): Lamniformes, en FishBase, xaneiro de 2010. que inclúe numerosas especies de tiburóns, algunhas tan coñecidas como o tiburón branco (Carcharodon carcharias), mentres que outras son tan estrañas como o tiburón de boca ancha (Megachasma pelagios) ou a quenlla fociñuda (Mitsukurina owstoni).
Características Posúen dúas aletas dorsais sen espiñas e unha aleta anal. Teñen cinco fendeduras branquiais e, normalmente, espiráculos pequenos situados tras os ollos, que carecen de membranas nictitantes. Aas mandíbulas esténdense até máis atrás dos ollos.
Clasificación
Orde Lamniformes Familia Odontaspididae Familia Mitsukurinidae Familia Pseudocarchariidae Familia Megachasmidae Familia Alopiidae Familia Cetorhinidae Familia Lamnidae
En Galicia
En augas próximas ás nosas costas están citadas as seguintes especies da orde:Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Familia Lamnidae: Lamna nasus (Bonnaterre, 1788) - o marraxo Carcharodon carcharias (Linnaeus, 1758) - o tiburón branco Isurus oxyrhinchus Rafinesque, 1810 - o marraxo azul Familia Cetorhinidae: Cetorhinus maximus (Gunnerus, 1765) - o peixe bobo Familia Alopiidae: Alopias vulpinus (Bonnaterre, 1788) - o raposo do mar
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Condrictios Tiburóns
Categoría:Lamniformes