Eduardo Araujo Conde, nado en Vigo en 1900 e finado no mesmo concello o 2 de abril de 1938, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Irmán de Marcial e Florencio Araujo Conde. Membro da dirección do Sindicato do Metal de Vigo e militante do PCE dende 1931, en maio de 1935 era o Secretario do Comité Rexional. Foi elixido compromisario para a elección do Presidente da República en maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 10 de decembro de 1936,El Pueblo Gallego, 11-12-1936, p. 3. e novamente reclamado o 20 de decembro xunto co seu irmán José, Álvaro Ballesteros Estévez e outros republicanos de Lavadores e Bembrive.El Pueblo Gallego, 22-12-1936, p. 2. Foi xulgado en Vigo por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi abatido o 2 de abril de 1938 xunto con Álvaro Ballesteros nun enfrontamento cun destacamento falanxista de Cabral.
Vida persoal
Casou con Dolores Bastos Martínez e foi pai de Eduardo Araujo Bastos. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Políticos do PCE Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos