O termo quimera pode referirse: a Quimera, monstro da mitoloxía grega. a quimera paleontolóxica, fósil composto por partes de individuos de diferentes especies que, cando foron descubertos, se cría que eran restos dunha soa. a Quimera de Arezzo, un dos exemplos máis coñecidos da arte etrusca. as quimeras chinesas, máis coñecidas como leóns de Buda. as quimeras ou tiburóns fantasma, as especies da orde dos Chimaeriformes, grupo de peixes cartilaxinosos emparentados cos tiburóns. a quimera, elemento arquitectónico, figura fantástica, mítica ou grotesca (moitas veces dun animal) utilizada con fins decorativos. a quimera de enxerto, tipo de planta producida polo enxerto no punto de contacto entre o portaenxerto e o enxertado, a quimera, persoa ou animal afectado polo quimerismo. Ten tecidos xeneticamente distintos de diferente procedencia. unha proteína quimera é unha proteína de fusión que contén partes de dúas proteínas codificadas en xenes distintos, orixinada por unha fusión de xenes natural e artificial. un anticorpo quimera é un anticorpo orixinado igual que as proteínas quimera. un xene quimera é o resultante da fusión de porcións de dous xenes diferentes. por extensión, a quimera, idea que un forma de algo, ou algunha cousa que un imaxina como posible, pero que non ten relación coa realidade. a La Quimera, novela de Emilia Pardo Bazán. A quimera do ouro (The Gold Rush), filme de cine mudo de Charles Chaplin.

Notas