San Paio de Carreira é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira, na comarca do Barbanza. Ten unha superficie de 9,5 km². Segundo o IGE, no ano 2018 tiña 2.026 habitantes (987 homes e 1.039 mulleres).

Forma parte do Arciprestado de Posmarcos, da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Ribeira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.

Xentilicio Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é carreirán.

Xeografía Linda ó norte coa parroquia de Artes, ó leste coas de Ribeira e Castiñeiras, ó sur coa de Aguiño e ó oeste co océano Atlántico.

A altitude media é de 25 metros sobre o nivel do mar; o seu clima é tépedo, de tipo oceánico, resultante da exposición directa ós ventos mariños. A temperatura media anual rolda os 14,9 °C, unha das máis altas de Galicia, e as temperaturas extremas poden alcanzar os 0,5 °C no inverno e os 34,4 °C no verán.

O punto máis elevado de Carreira é o monte da Cidá con 213 m de altitude. Desde el mírase todo o concello de Ribeira.

O centro urbano da parroquia, localizado nos Campos, atópase a 3 km de Santa Uxía de Ribeira, centro administrativo do concello, e a 65 km de Santiago de Compostela.

Patrimonio Na parroquia de Carreira hai restos de dous castros: o castro do Monte da Cidá, situado no cumio do monte da Cidá, e o castro do Porto de Baixo, a carón dunha cala da cal recibe o nome, e dentro dos terreos que forman parte do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo.

A igrexa parroquial, construída en 1717, é de estilo neoclásico, cunha soa nave, sancristía e campanario. Sufriu varias reformas, logo de que un incendio destruíse en 1818 a torre do campanario, e a comezos do século XX outro incendio queimase o retablo maior, de orixe barroca.

A nave principal é de cruz latina e co brazo transversal moi curto. Divídese en catro tramos por arcos faxóns de medio punto que sosteñen unha bóveda de canón até o prebisterio, onde é de crucería.

Consérvase unha imaxe da Dolorosa, feita a mediados do século XIX por Xosé Ferreiro.

Na fachada principal hai unha porta rectangular sen ornamentos, e sobre ela unha fiestra.

Carreira na literatura popular Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía Fermín Bouza-Brey: “Cantigas populares da Arousa”, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 158. No orixinal: Sta. Euxía.. Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal; Palmeira é parroquia de Ribeira. No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Carreira

Parroquias de Ribeira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribeira

Ligazóns externas San Paio de Carreira Carreira na Historia

Categoría:Parroquias de Ribeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio