miniatura|Gárgola no Mosteiro de San Salvador de Celanova. Unha gárgola é un ser imaxinario, representado xeralmente en pedra, que presenta características a moitas veces grotescas.

O termo orixinouse a partir do francés gargouille, de gargouiller, 'producir un ruído semellante ao dun líquido nun tubo', derivado do latín gargărīzo, e este do grego antigo γαργαρίζω gargarízo, 'facer gargarexos'. Isto débese a que adoito as gárgolas mitolóxicas asimílanse ás gárgolas arquitectónicas. miniatura|Gárgola (Galerie des Chimières, catedral de Nôtre-Dame, París. No pasado pensábase que as gárgolas eran os gardiáns das catedrais e que durante a noite cobraban vida.

As quimeras ou figuras grotescas son un tipo de esculturas semellantes ás gárgolas.

Historia miniatura|Gárgola de Celanova no Museo Galego do Entroido. A orixe das gárgolas remóntase á Idade Media e relaciónase co auxe dos bestiarios e os tormentos do inferno. Certo é tamén que a imaxinación dos artistas medievais estaba influída por mitos aínda máis antigos. De feito, as primeiras gárgolas foron bautizadas co nome de 'grifóns', evidenciando así a súa raigame clásica. Porén, a iconografía gargólica non se limitaba á mera representación de grifóns, senón que plasmaba, ademais, a outros seres fabulosos que podían tomar a forma de animais, seres humanos ou unha mestura de ambos; pero sempre representados de maneira máis ou menos monstruosa.

As gárgolas cumprían basicamente a función de escorrentar a bruxas, demos e outros espíritos do mal, semellante á dos cans de Fu no extremo Oriente.

Véxase tamén

Bibliografía IC El Brocense (2003): Gárgolas de la provincia de Cáceres. Cáceres: Deputación Provincial de Cáceres. Calle Calle, Francisco (2008): Las gárgolas de la Catedral de San Antolín de Palencia. Janetta, Rebold Benton (1997): Saintes Terreurs: les gargouilles dans l'architecture médiévale. París: Éd. Abbeville ISBN 2-87946-126-X.

Outros artigos Gárgola (arquitectura) Quimera (mitoloxía)

Ligazóns externas Gárgolas y grotescos de Santiago de Compostela Imaxes. Consultada o 17/12/2012. Cibermancia. Gárgolas Artigo sobre gárgolas. Consultada o 17/12/2012.

Categoría:Mitoloxía