dereita|miniatura|Discos de Sun Records Sun Records é un selo discográfico dos Estados Unidos, fundado en 1952 por Sam Phillips en Memphis (Tennessee). Os xéneros musicais nos que se centrou a discográfica foron blues, country, rhythm and blues e rockabilly.
Entre os músicos que gravaron algún sinxelo na Sun Records destacan: Elvis Presley, Johnny Cash, Carl Perkins, Roy Orbison, Jerry Lee Lewis, B.B. King, Howlin' Wolf, Rufus Thomas, Junior Parker, Sonny Burguess, Billy Lee Riley, Warren Smith, Charlie Rich, Carl Mann o Charlie Feathers.
O selo discográfico desapareceu en 1968, para posteriormente ser adquirido co fin de reeditar algunhas gravacións míticas.
Véxase tamén Rockabilly
Categoría:Discográficas independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América