, tamén escrito coma 35671 (), é un obxecto trans-neptuniano. Foi descuberto o 23 de setembro de 1998 por A. Gleason dende o observatorio Steward. Orixinalmente foi clasificado coma un plutino, cunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno. Ata agosto do 2001, era o plutino máis grande do que se tiña coñecemento, exceptuando e Caronte. Pero pouco despois desas datas serían descubertos novos plutinos, coma 38628 Huya, 28978 Ixion, e 90482 Orcus, que son moito máis grandes. Por outra parte e dende hai tempo, este obxecto deixou de ser considerado un plutino.

Cun albedo inferior a 0,04Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope; John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot; (2007) e unha magnitude absoluta de 5.8, ten un diámetro que aínda nas súas estimacións máis baixas, cualifican a este obxecto coma un posible candidato a planeta anano. Na páxina web de Mike Brown aparece na listaxe coma un probable planeta anano cun diámetro non baseado en estimacións.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Candidatos a planeta anano Planeta anano

Ligazóns externas

Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris

Categoría:Plutinos Categoría:Candidatos a planeta anano