Acontecementos Fin do dominio dos tártaros da Horda de Ouro, sobre Moscova. Estableceuse en España a Santa Inquisición. 2 de xaneiro, Mathias Corvin declara a guerra ó emperador Frederico III pola terceira vez, invade o Ducado de Estiria e toma o control do arcebispado de Salzburgo. 6 de marzo: Asinado o Tratado de Toledo, no que os reis Fernando e Isabel recoñecen as conquistas africanas de Afonso V de Portugal, e el lles cede as Illas Canarias. Lourenzo de Medici asina a paz con Fernando I de Nápoles. Forman unha liga contra o duque Renato II de Lorena que ten interese sobre Nápoles. 20 de abril, Formada a alianza de Venecia co papa contra o rei de Nápoles. 11 de agosto, Os Otománs ocupan Otranto, co fin en 1481. 8 de setembro, Ratificación portuguesa do Tratado de Alcáçovas.

Ciencia e tecnoloxía Leonardo da Vinci inventa o paracaídas. Invención do astrolabio para navegación.

Nacementos Damián Forment (1480-1540), escultor español iniciador do Renacemento. 3 de febreiro - Fernão de Magalhães (1480-1521), navegante portugués, descubridor da pasaxe interoceánica que leva o seu nome, situada no extremo sur do Continente Americano. Antonio de Guevara, eclesiástico e escritor español (data probábel de nacemento; m. 1548).

Mortes Jean Fouquet, pintor francés (n. 1420) Vecchietta, pintor de sienés (n. ca 1410). Tlacaelel, guerreiro, economista e reformador relixioso mexica.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1480