A ponte das Pías une os concellos de Fene e Ferrol sobre a ría de Ferrol. Por ela pasa a FE-14, anterior N-651, un dos ramais da N-VI.
Historia miniatura|esquerda|Discoverer Enterprise encaixado na ponte das Pías. A ponte das Pías foi construída entre marzo de 1966 e outubro de 1968 cun custo total, incluídos os accesos de 246 millóns de pesetasEn el 45 aniversario de la inauguración del acceso por As Pías. Acotaciones dun ferrolés sendo inaugurada en 1968. O nome oficial era Puente del Caudillo, denominación que nunca foi empregada e a ponte era chamada das Pías, nome que por uso se fixo oficialPuente de As Pías vs Discoverer Enterprise. O nome das Pías ven de «pías megalíticas», ocos funerarios de distinta profundidade baleirados sobre os penedos á beira da ría en Perlío, Fene. Tiñan forma variada: elíptica, rectangular e unha delas tiña forma de pirámide invertida coñecida como o funil. Esta necrópole celta vinculada co castro de Cardoeiro foi esnaquizada nos anos 1960 xunto co castro e está baixo os obradoiros do estaleiroPERLÍO 1960: AS PIAS Galicia Confidencial.
A ponte era un proxecto necesario despois da creación do estaleiro Astano, actual Navantia Fene, e o seu paso á construción de petroleiros. Ata a inauguración da ponte era a vella ponte de Xuvia (ao fondo da ría) o camiño de entrada e saída de Ferrol. En 1913 inaugurárase a ponte do ferrocarril. O outro xeito de cruzar a ría era en lancha, medio que se empregou ata os inicios do século XXI pero que desapareceu coa inauguración da AP-9 en 2003. Dende a inaugaración da ponte das Pías as lanchas tiveron cada vez menos uso ata quedar só co servizo da lancha de Mugardos que unía esa cidade co porto de Ferrol.
A ponte das Pías tiña na súa inauguración un carril en cada sentido e beirarrúas. A ponte non tiña beiravía, o que limitaba o uso. O martes 13 de xaneiro de 1998 a ponte foi esnaquizada pola plataforma petrolífera Discoverer Enterprise que rompeu amarras pola noite, o que volveu deixar a comarca como antes de 1968. Despois de dous meses de obras a nova ponte foi inaugurada de novo con catro carrís (dous en cada sentido) seguía sen beiravía e estaba limitada a velocidade de circulación a 80 km/h. En 2003 foi inaugurada a nova ponte da autoestrada AP-9 o que deixou a ponte como comunicación local.
Servizos miniatura|Punto negro na ponte das Pías, Fene. A ponte ten unha gasolineira na beira de Ferrol, dirección Fene. A velocidade na ponte vindo de Ferrol e dirección Fene é de 80 km/h dende Caranza ata chegar á altura de Navantia Fene onde a limitación é de 50 km/h, alí hai un radar que en 2010 puxo a cuarta parte de tódalas multas da provincia da CoruñaLos radares de Tráfico multan a 380 conductores cada día en las carreteras de la comunidad. Faro de Vigo.
A ponte nunca foi un lugar de paseo aínda que é moi empregada por afeccionados á pesca. A máxima concentración de xente prodúcese durante as botaduras de buques no estaleiro.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo en Youtube do Discoverer Enterprise na Ponte das Pías.
Pías Categoría:Fene Categoría:Ferrol