é un grande obxecto trans-neptuniano de cor vermella, que está nunha resonancia orbital de 2:5 con Neptuno. Foi descuberto o 9 de outubro do ano 2002 por Mike Brown e o seu equipo, dende o observatorio de Palomar. Na lista de candidatos a planeta anano do sitio web de Mike Brown, aparece con altas probabilidades de que sexa un planeta anano.
Candidato a planeta anano de gran tamaño ten unha magnitude absoluta (H) de 3.78, e o Telescopio Espacial Spitzer estimoulle un diámetro de 1145 (+ 337 - 325) km.Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope, John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot; (2007) Isto cualifícao coma un dos candidatos a planeta anano de maior tamaño. Con todo, Brown sinala que a medición do seu diámetro está circunscrita a un potencial grande erro, e que o obxecto podería ser menor, facendo que as posibilidades deste obxecto para acada-lo status de planeta anano, sexan "altamente probables" no canto de "practicamente seguras", sempre na opinión de Brown.
Características físicas O espectro vermello suxire que ten moi pouco de xeo fresco na súa superficie, iso podería explicar por que ten un albedo de 0,03, que é menor co albedo típico dos obxectos trans-neptunianos. Por exemplo, 55565 Aya ten un albedo estimado máis grande (≈ 0,12), que da coma resultado unha brillante magnitude absoluta (H = 3,3), pero unha estimación de tamaño menor (≈ 730 km). O seu período de rotación máis probable é de 5,41 h, e ten unha amplitude da curva de luz de 0,04 ± 0,01 mag.Short-term variability of 10 trans-Neptunian objects
miniatura|left|400px|Comparativa entre e outros obxectos trans-neptunianos
Órbita acadará o seu perihelio no ano 2058. O seu perihelio (a distancia mínima respecto do Sol) está a unha distancia de 39,1 UA, que é a mesma distancia do semi-eixo maior (distancia media respecto do Sol) de Plutón. Está clasificado coma un obxecto do disco disperso. Dada a longa órbita que os TNOs teñen ó redor do Sol, está en oposición a finais de outubro de cada ano, cunha magnitude aparente de 20,5. Foi observado 76 veces ó longo de 9 anos.
Resonancia Tanto o Minor Planet Center (MPC) coma o Deep Ecliptic Survey (DES) amosan ó candidato a planeta anano cunha resonancia orbital de 2:5 con Neptuno. Debido a esta resonancia, completa 2 órbitas por cada 5 órbitas de Neptuno. A partir de 2009, é o candidato a planeta anano de maior tamaño do que se ten constancia, que estea en resonancia con Neptuno e non sexa un plutino. (Os plutinos son obxectos cunha resonancia con Neptuno de 2:3. Para cada dúas órbitas que un Plutino fai, Neptuno fai 3).
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Candidatos a planeta anano Planeta anano
Ligazóns externas
Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris TNO 2002 TC302 (Image of the Month, xaneiro de 2003)
Categoría:Candidatos a planeta anano Categoría:Obxectos do disco disperso e obxectos distantes Categoría:En resonancia 5:2