Xosé Antón Gaciño Barral, nado en Cádiz o 4 de abril de 1945, é un editor e xornalista galego.

Traxectoria Foi editor adxunto do Diario 2 de Canal Sur. Colaborou nos semanarios Signo, El Euorpeo, Actualidad Económica e Triunfo, e nos xornais Diario SP, El Ideal Gallego (1972-1982), La Voz de Galicia (1982-1987), A Nosa Terra e na Axencia Galega de Noticias (AGN). Foi director da revista Man Común (1980-1981) e do Diario de Galicia (1988).

Obras Informe dunha frustración, 1980 (con Manuel Rivas).

Obras colectivas Galicia: realidad económica y conflito social, 1978.

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1945 Categoría:Personalidades sen imaxes