Ramón González-Babé Castro, nado en Madrid en 1905 e finado en Vigo o 12 de febreiro de 1984,La Voz de Galicia, 14-2-1984, p. 25 foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria Concelleiro en Vigo e deputado provincial, foi procurador nas Cortes Españolas representante dos concellos da provincia de Pontevedra durante a primeira lexislatura do período franquista (1943-1946). Foi presidente dunha empresa concesionaria do transporte de Campsa e levaba unha axencia de seguros; foi vicepresidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Vigo.
Vida persoal
Casou con María del Carmen Ozores Arraiz, e foi pai de Ramón González-Babé Ozores.
Notas
Categoría:Concelleiros de Vigo
Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición
Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra
Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes