José Luis Mondelo García, nado en Ourense en 1946, é un avogado e político galego.

Traxectoria Avogado. Formou parte dos comités executivos de Alianza Popular en Ourense. Nas eleccións municipais de 1987 foi o número 3 da candidatura de Independentes de Galicia en Ourense e foi elixido concelleiro. O seu grupo apoiou ao socialista Manuel Veiga Pombo, pasando a formar parte do goberno xunto con este en decembro de 1987 e encargándose da área de persoal. Porén, acabaría abandoando o goberno por discrepancias e en setembro de 1990 encabezou unha moción de censura que lle outorgou a alcaldía, tras contar co apoio do PPdeG e o CDS. En 1991 encabezou a candidatura do Partido Galeguista sen lograr representación, correndo a mesma sorte en 1995 con Coalición Galega.

Vida persoal

Estivo casado con Raquel Abella, de quen enviuvou, e non tivo descendencia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ourense

Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Avogados de Galicia