Linda Evangelista, nada en Saint Catharines (Ontario) o 10 de maio de 1965, é unha modelo canadense. Foi unha das principais protagonistas do mundo da moda a finais dos anos 80 e durante os 90 xunto a Claudia Schiffer, Cindy Crawford, Elle McPherson e Naomi Campbell entre outras.
Foi descuberta como modelo con 12 anos de idade, despois de gañar o concurso de Miss Niágara. A súa carreira profesional, que comezou en Nova York e continuou en París, estivo sempre dirixida pola axencia de modelos Elite Model Management, até que xa en 2007 asinou un contrato coa marca cosmética L'Oréal.
Véxase tamén
Ligazóns externas Linda Evangelista en IMDb Páxina adicada a Linda Evangelista
Categoría:Modelos femininas do Canadá Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Ontario Categoría:Canadenses de ascendencia italiana