O sámago é a parte máis branda e clara do toro dunha árbore, comprendida entre a casca e a cerna. É a madeira máis nova e de peor calidade e branda, sendo a mellor a da cerna.

Tamén recibe en galego os nomes de ámago , magolo e moguelo.

O sámago corresponde cos últimos aneis de crecemento da árbore, producidos polo cámbium vascular no talo dunha planta, que corresponde ao único xilema funcional. O sómago adoita ser dunha cor máis clara.

Anatomía É a parte da torada da árbore, que se atopa a rentes por baixo da casca, que inclúe os aneis de crecemento máis novos. É máis alba, menos mesta, máis permeábel e contén máis humidade que a cerna. Malia que unha ampla maioría das súas células finaran, contén células que fican fisioloxicamente activas (células do parénquima). Contribúe ás funcións de sustentáculo estrutural, condución ascensional do zume e de almacenaxe de materiais de reserva. A morte do parénquima provoca a transformación do sómago a cerna, fisioloxicamente morto, no centro do tronco.

thumb|right|300px|Toro de piñeiro rubio, onde o sámago (a madeira un chisco máis clara) e mais a cerna pódense distinguir de xeito menos doado que no caso do teixo. thumb|right|300px|Toro dunha faia europea (Fagus sylvatica), no que a cerna e mais o sámago case non e distinguen.

Importancia industrial Dende o punto de vista da industria da madeira, e especialmente da carpintaría, o sómago é un factor a ter moi en conta en cada unha das madeiras, tanto é así que en calquera informe técnico sobre calquera especie o primeiro que se menciona é a cor da cerna (parte interna do toro achegada ao miolo) e ao sámago; hai algunhas madeiras que se o seu sámago fose máis resistente serían máis apreciadas, xa que o sámago non serve normalmente para ser ben traballado ou podrece antes, incluso chega a ter unha cor completamente diferente, que case sempre é alba.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Madeira Cerna

Categoría:Termos botánicos Categoría:Silvicultura Categoría:Botánica Categoría:Histoloxía vexetal Categoría:Carpintaría

en:Wood#Heartwood and sapwood