Enrique Jaso Paz, nado en Laguardia en 1879 e finado en Tui o 27 de agosto de 1936, foi un agrarista e político galego.
Traxectoria miniatura|300px|Retrato de familia dos Jaso: Enrique Jaso Paz (sentado no chan); Josefa Martínez San Juan (sentada na cadeira); a filla máis vella, Evangelina Jaso González, con cabeleira; o rapaz, Enrique Jaso González (ambos os dous son o froito do primeiro matrimonio do pai); outra nena máis nova, Josefita (no chan, acariñando ao can); e Loliña, no colo da nai. Nado na Rioxa arabesa nunha familia de ascendencia viguesa. Chegou a Tui cara 1902 para traballar como oficial da secretaría do Concello. De ideoloxía socialista, foi secretario da Federación Obrera de Tui nos anos dez e presidente da Federación Agraria de Tui e director de Vida Agraria. Foi detido en novembro de 1922 pola folga de abastecementos convocada pola organización agraria pontevedresa. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro en xaneiro de 1924, pero abandonou a corporación en abril, para encabezar a oposición dun sector do agrarismo. Creou en 1926 o Centro Republicano de Tui, e na II República foi un dos fundadores da agrupación de Izquierda Republicana da localidade. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada do Instituto de Segundo Ensino o 27 de agosto de 1936. Os seus fillos Enrique e Evangelina Jaso González tamén foron executados.Marga do Val: Fulgor e morte de Evangelina Jaso
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Evangelina Jaso González (filla) Enrique Jaso González (fillo)
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Concelleiros de Tui Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Laguardia Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1936