Avanti ¡que pase el siguiente! foi un programa de televisión emitido por Antena 3, presentado por Carlos Sobera, que se emitía a noite dos venres en prime time en España. A súa mecánica pode recordar ao mítico concurso Un, dos, tres... responda otra vez. Empezou as emisións o 27 de abril do 2012, substituíndo así, a versión semanal de Atrapa un millón.
Terminou o 3 de agosto do 2012, xa que a cadea española Antena 3 decidiu paralizar as gravacións do programa debido ás baixas audiencias que ultimamente estaba rexistrando o programa, aínda que a cadea estaría estudando facer unha versión diaria en substitución de Atrapa un millón.
Tratábase dunha adaptación do concurso italiano Avanti un altro!.
Equipo Presentadores Carlos Sobera (2012) Angy Fernández (2012)
Colaboradores Mag Lari (2012)
Invitados Santiago Segura (27/04/2012, 01/06/2012 e 15/06/2012) Carlos Latre (04/05/2012) Arturo Valls (11/05/2012 e 22/06/2012 e 20/07/2012) Leo Harlem (18/05/2012) Santi Rodríguez (08/06/2012) Chenoa (22/06/2012) Josema Yuste (29/06/2012) Miki Nadal (06/07/2012) Àngel Llàcer (13/07/2012) David Fernández Ortiz e Edu Soto (03/08/2012)
Mecánica do xogo
O formato non é un concurso ao uso, senón que mestura preguntas de coñecemento con espectáculo. Os concursantes esperan de pé a súa quenda para participar na "cola". Cando son elixidos, distintos colaboradores poden interromperlles para facer o que queiran: cantar, preguntar etc.
O gañador provisional sitúase nunha cadeira de brazos esperando ao participante que supere a súa marca, ou lle rete a un duelo. Unha vez chegue alguén que logre mellorar esa cifra, perde ese "trono" en favor do novo gañador provisional, algo que pode cambiar no último minuto.
Audiencias DataProgramaInvitadosEspectadoresSharePremio final 27/04/2012 Programa 1 Santiago Segura 2 594 000 14,6% 41.000 € 04/05/2012 Programa 2 Carlos Latre 2 268 000 12,6% 21.000 € 11/05/2012 Programa 3 Arturo Valls 2 265 000 13,9% 0 € 18/05/2012 Programa 4 Leo Harlem 1 471 000 8,8% 94.000 € 01/06/2012 Programa 5 Santiago Segura 1 907 000 12,2% 315.000 € 08/06/2012 Programa 6 Santi Rodríguez 1 784 000 11,8% 25.000 € 15/06/2012 Programa 7 Santiago Segura 1 350 000 9,5% 81.000 € 22/06/2012 Programa 8 Arturo Valls e Chenoa 1 441 000 10,7% 51.000 € 29/06/2012 Programa 9 Josema Yuste 1 294 000 9,7% 54.000 € 06/07/2012 Programa 10 Miki Nadal 1 350 000 10,5% 69.000 € 13/07/2012 Programa 11 Àngel Llàcer 1 352 000 10,8% 95.000 € 20/07/2012 Programa 12 Arturo Valls 1 211 000 9,9% 0 € 03/08/2012 Programa 13 David Fernández e Edu Soto 1 007 0008,7% 71.000 €
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Sitio web do programa no sitio da produtora
Categoría:Programas de Antena 3 Categoría:Concursos de televisión de España