Curcio Rufo Quinto (século I) foi un escritor latino que viviu probabelmente baixo Claudio e Vespasiano. Traxectoria Escribiu unha Historia de Alexandre Magno en dez libros, dos cales se perderon os dous primeiros e parte do quinto, o sexto e o décimo. A obra inspírase en Tito Livio e toma como modelos ás fontes gregas anteriores, como Clitarco, Timáxenes e Aristóbulo. Curcio Rufo destaca o aspecto exótico de Alexandre Magno máis que a súa relevancia política e social.

Categoría:Historiadores da Roma Antiga Categoría:Imperio Romano