O Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) é unha asociación cultural creada no ano 2009. O principal obxectivo do Instituto é promover a investigación multidisciplinar no campo dos estudos celtas en Galicia, norte de Portugal e o marco atlántico europeo, con atención especial ás chamadas nacións celtas. O IGEC tamén promove o coñecemento da historia, cultura e sociedade de Galicia, así como o intercambio académico e científico. Ademais, o Instituto ten como obxectivo a recuperación e preservación (a través da educación) dos elementos da cultura celta presentes e visibles na sociedade contemporánea galega.
O IGEC participou nos foros públicos organizados en abril de 2011, The Celts of Atlantic Europe, en Narón. Delegados do IGEC participaron tamén ese mesmo ano no International Congress of Celtic Studies en Maynooth, Irlanda.
O Instituto ten autogoberno e é independente, a pesar de que moitos dos seus membros son académicos e traballan en distintas áreas como a arqueoloxía, a historia, a xeografía, a lingüística e as ciencias sociais.
Membros André Pena Graña: Cofundador. Presidente e decano. Doutor en arqueoloxía e historia antiga. Arqueólogo do Concello de Narón. Michelette Harris: Directora administrativa do IGEC. Graduada en Filosofía e Educación. Laureano F. CarballoLaureano Carballo en Academia.edu, arqueólogo especialista na Idade de Bronce e numismática.
Antigos membros: Heitor Rodal (presidente cofundador), Carlos Solla Varela, José Manuel Barbosa, Xoán Paredes, Blanca García Fernández-Albalat, Laureano Carballo, Higinio Martins Estêvez.
Membros eméritos e colaboradores: Venceslas Kruta, Jean Haudry, Robert Omnes, Fabien Regnier.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Diocese de Britonia Cultura castrexa Galaicos Lingua galaica
Ligazóns externas Instituto Galego de Estudos Célticos - IGEC Perfil no Facebook The Celts in the Iberian Peninsula, from e-Keltoi
Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Celtas