A dos epinefelinos ( Epinephelinae ) é unha subfamilia da familia dos serránidos (Serranidae), peixes da ampla orde dos perciformes, que algúns autores elevan á categortía sistemática de familia, a dos epinefélidos (Epinephelidae)Epinephelidae no Merriam-Webster Dictionary. Consultada o 29/11/2012. ou epinefelínidos (Epinephelinidae).Fisheries Management Science Programme. 5. "Reef fish asseblages and management interventions in Vanuautu and Fiji", páx. 7. Consultada o 30/11/2012.

Os epinefelinos son peixes grandes, co corpo robusto con cabeza grande na que resaltan os ollos globosos e unhas grandes mandíbulas, semellantes aos polipriónidos, que se coñecen, canda eles, cos nomes xenéricos de chernas, ou tamén meros.

E o seu hábitat son as zonas rochosas de augas temperadas e tropicais, con fondos nos que haxa grandes pedras con covas ou fendas onde agochárense, en cotas que oscilan entre os 4 e os 350 m de profundidade.

Os individuos máis grandes poden chegar a alcanzar máis de 1 m de lonxitude e máis de 40 kg de peso. Pero un periódico informou da captura, o 15 de xaneiro de 2008, en augas preto de Pulau Sembilan, no estreito de Malaca, dun exemplar de 180 kg. (Ver imaxe aquíImaxe Consultada o 30/11/2012.). Así e todo o récord estableceuno outro pescado, en setembro de 2010, en augas próximas á provincia de Limón (Costa Rica, que mediu 2,3 m e pesou 250 kg, segundo informou o diario La Extra.Cayó el más mero en el Caribe Diario La Extra, 10/09/2010. Consultada o 30/11/2012.

Os epinefelinos son animais hermafroditas proteroxínicos que alcanza a madurez sexual (como femias) aos 5 anos.Erisman, B. E.; M. T. Craig e P. A. Hastings (2009): "A phylogenetic test of the size-advantage model: Evolutionary changes in mating behavior influence the loss of sex change in a fish lineage". American Naturalist, 174 :83-99.DeMartini, E. E.; A. R. Everson e R. S. Nichols (2011): "Estimates of body sizes at maturation and at sex change, and the spawning seasonality and sex ratio of the endemic hawaiian grouper (Hyporthodus quernus, f. Epinephelidae)". Fishery Bulletin, '109:123-134.

A subfamilia está representada nas augas galegas pola especie Epinephelus marginatus, o mero de altura.Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

thumb|Epinephelus marginatus, o mero de altura.|centro Xéneros thumb|Gonioplectrus hispanus. Acanthistius Alphestes Anyperidon Caprodon Cephalopholis Chromileptes Dermatolepis Epinephelus Gonioplectrus Gracila Hypoplectrodes Liopropoma Mycteroperca' Niphon Paranthias Plectropomus Saloptia Triso Variola

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Serránidos Polipriónidos Mero de altura

Ligazóns externas Epinephelinae en FishBase Todas as especies (con numerosas imaxes). Consultada o 30/11/2012.

Categoría:Serránidos