Interkosmos 7 (Интеркосмос 7 en ruso), tamén denominado DS-U3-IK Nº 3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 30 de xuño de 1972 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.

Características Interkosmos 7 foi o terceiro membro da serie de satélites DS-U3-IK e estaba adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre. Continuou as investigacións de Interkosmos 1 e Interkosmos 4, e os datos enviados foron correlacionados cos obtidos co Prognoz 2.

Interkosmos 7 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Os instrumentos de a bordo, ademais de pola Unión Soviética, foron proporcionados pola República Democrática Alemá e pola República Socialista Checoslovaca.

Foi inxectado nunha órbita inicial de 568 km de apoxeo e 267 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 92,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 5 de outubro de 1972.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos DS-U3-IK Interkosmos 1 Interkosmos 4 Interkosmos 11 Interkosmos 16

Categoría:Satélites Interkosmos Categoría:DS-U3-IK