Silversun Pickups é unha banda de rock alternativo estadounidense procedente da cidade dos Ánxeles e formada no ano 2002. O grupo está composto por Brian Aubert, Nikki Monninger, Christopher Guanlao e Joe Lester.

A banda ublicou o seu EP de estrea, Pikul, en xullo do ano 2005, e o seu primeiro longa duración, Carnavas, o 26 de xullo do 2006. O seu segundo traballo, Swoon, apareceu o 14 de abril do 2009. Neck of the Woods, o terceiro álbum da banda, saíu á venda o 8 de maio de 2012. Lanzaron o seu cuarto traballo, Better Nature, o 25 de setembro de 2015, e o seu quinto, Widow's Weeds, o 7 de xuño de 2019. O seu sexto álbum, Physical Thrills, apareceu o 19 de agosto de 2022 e o sétimo e máis recente, Tenterhooks, saíu á venda o 6 de febreiro de 2026.

Discografía Álbum Ano Selo Carnavas 2006 Dangerbird Records Swoon 2009 Dangerbird Records Neck of the Woods 2012 Dangerbird Records Better Nature 2015 New Machine Recordings Widow's Weeds 2019 New Machine Recordings Physical Thrills 2022 New Machine Recordings Tenterhooks 2026 New Machine Recordings

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 2002