¡Uno! é o noveno álbum da banda estadounidense de punk rock Green Day, publicado o 21 de setembro do 2012 a través do selo Reprise Records. Trátase do primeiro dos tres álbums que conforman a triloxía ¡Uno!, ¡Dos!, ¡Tré!, unha serie de álbums de estudio lanzados entre setembro e decembro do 2012. Green Day gravou o disco dende febreiro ata xuño"UNO! DOS! TRE! Finished!!". Billie Joe Armstrong vía Twitter. dese ano nos Jingletown Studios en Oakland (California). Este é o primeiro álbum da banda gravado como cuarteto, xa que o guitarrista de xira Jason White uniuse no estudio para darlle ás gravacións unha sensación máis de directo.
Tras o seu lanzamento, ¡Uno! tivo polo xeral recensións positivas dos críticos musicais. Estreouse no número 2 da lista estadounidense Billboard 200, e vendeu na primeira semana 139.000 copias. O álbum tamén acadou o top 10 nas listas de varios países.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Green Day Categoría:Álbums musicais de 2012 Categoría:Álbums producidos por Rob Cavallo Categoría:Álbums de Reprise Records