Aavo Pikkuus, nado en Karepa o 23 de novembro de 1954, é un ex ciclista estoniano, medalla de ouro olímpico coa Unión Soviética.
Traxectoria Foi campión do seu país en 1972 e de 1974 a 1981 Pikkuus foi parte do equipo olímpico soviético. Nas Olimpiadas de Montreal (1976) gañou o ouro contrarreloxio por equipos con Anatoli Chukanov, Valeri Kaminski e Vladimir Chaplygin. Nos campionatos do mundo gañou o ouro nos 100 km por equipos en 1977 e a prata en 1975 e 1978. En 1977 Pikkuus gañou a Carreira da Paz .
Foi declarado deportista estoniano do ano en 1974 e 1978. Logo de se retirar do ciclismo en 1981 converteuse en piloto de rallies e en 1983 gañou o Rally de Saaremaa.
En 2001 recibiu a Orde da Cruz Vermella Estonia de terceira clase.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no ESBL
Categoría:Ciclistas de Estonia Categoría:Nados en Estonia Categoría:Nados en 1954 Categoría:Pilotos de rally Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo Categoría:Ciclistas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1976