Domingo Saavedra Sánchez, nado en Sarria o 28 de maio de 1917 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1976, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Domingo Saavedra Sánchez.El Progreso,10-2-1956, p. 5. Inspector de traballo, membro de Falange Española ocupou os cargos de delegado do Frente de Juventudes e subxefe provincial do movemento ata que foi nomeado alcalde de Ourense en febreiro de 1956, finalizando un longo período de interinidade no que ocupara o cargo o tenente de alcalde Manuel García Manzano.La Región, 7-2-1956, p. 3. Polo seu cargo de alcalde foi nomeado procurador nas Cortes. En setembro de 1958 deixou o cargo para ocupar un posto directivo na empresa Barreiros en Madrid.La Región, 18-9-1958. Finou en Madrid o 20 de novembro de 1976.Necrolóxica en ABC,25-11-1976, p. 103.

Vida persoal

Casou con Luz Fernández Rego e foi pai de F. Javier, José Manuel e María Elena Saavedra Fernández.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Sarria Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1917