miniatura|200px|O pedúnculo (pé) do percebe é o que se come deste saboroso animal. miniatura|200px|Anatomía de Lampanyctodes hectoris (1) - opérculo, (2) - liña lateral, (3) - aleta dorsal, (4) - aleta adiposa, (5) - pedúnculo caudal, (6) - aleta cuadal, (7) - aleta anal, (8) - fotóforos, - (9) - aletas pelvianas (un par), (10) - aletas pectorais (un par).
O termo pedúnculo (do latín científico peduncǔlus, "pequeno pé", derivado do latín clásico pēs, pedis, "pé" –dunha persoa–, "pata" –dun animal–) pode significar, segundo a ciencia de que se trate: En anatomía: pedúnculo cerebral, estrutura presente no cerebro. pedúculo cerebeloso, cada un dos tres pares de fibras (superior, medio e inferior) que entran e saen do cerebelo. En botánica: pedúnculo, rabecho que sostén unha flor, nunha inflorescencia simple, ou unha inflorescencia ou un froito. En zooloxía: pedúnculo, apéndice ou segmento corporal que serve de soporte, fixación ou unión ao substrato nalgúns invertebrados como, por exemplo, no percebe. pedúnculo ocular, estrutura alongada que sustenta os ollos dalgúns crustáceos, que por iso se denominan ollos pedunculados. pedúnculo caudal, rexión do corpo dun peixe (ou de certos mamíferos acuáticos, como os cetáceos), xeralmente máis comprimida que o resto do corpo, onde se insire a aleta caudal.
Véxase tamén