EA 1941 foi a denominación do primeiro foguete francés propulsado por propelente líquido. Foi desenvolvido entre 1931 e 1942 e probado durante 1945.
O desenvolvemento do primeiro foguete de propelente líquido francés comezou nos anos 1930 co desenvolvemento por parte de Jean-Jacques Barre dun motor de 10 kN alimentado por oxíxeno líquido e gasolina. A ocupación alemá non frenou os traballos, e chegáronse a facer probas estáticas do EA 1941 entre 1941 e 1942 nas instalacións de Larzac.
O foguete foi deseñado para levar unha carga de 25 kg a unha distancia de ata 100 km. As probas continuaron en La Renardiere trala liberación do sur de Francia. Durante o quinto lanzamento o foguete alcanzou unha distancia de 60 km.
Notas
Categoría:Foguetes espaciais