Nagoia (en xaponés 名古屋市, なごやし, Nagoya-shi) é unha cidade e porto do Xapón, centro da terceira aglomeración do país tras Tokyo e Osaka, capital da prefectura de Aichi. En setembro de 2012, a cidade tiña unha poboación duns 2.266.693 habitantes, cunha densidade de 6.940 habitantes / km² nunha área de 326 km².

Situada no fondo da Baía de Ise, que se abre ao Pacífico, no centro da Illa de Honshu, goza desa posición estratéxica entre as dúas grandes megalópoles xaponesas, a de Tokyo ao nordeste e a de Osaka ao suroeste.

Ten a súa orixe na construción dun castelo en 1610 polo poderoso clan dos Tokugawa cando estabeleceron o réxime do terceiro shogunato no Xapón.

A cidade moderna coñecida como Nagoia (ás veces transcrito Nagoya) foi fundada oficialmente o 1 de outubro de 1889, após o período Edo. Nesas datas entre a restauración Meiji e o paso ao Xapón Imperial desenvólvese en Nagoia a porcelana de Kawana e conéctase a cidade coa rede de ferrocarril. Antes da IIGM convértese nun foco industrial produtor de automóbiles, e no transcurso da guerra, en 1945 foi completamente destruída.

En 2005 foi sede da Exposición Universal de Aichi en terreos ao nordés da cidade.

Economía

Nagoia é o centro da Gran Nagoia, que representou case o 70% do superávit comercial do Xapón a principios deste século.

A principal industria é a do automóbil. A marca Lexus de Toyota, unha división de I+D de Mitsubishi Motors e moitos provedores como Denso, Aisin Seiki Co. Magna, PPG ou JTEKT teñen a súa sede en Nagoia ou nos suburbios.

Outras empresas importantes son NGK, Nippon SHARYO (fabricante dos trens bala eléctricos Shinkansen e Hoshizaki), Marukawa (alimenticia) e tamén unha considerable industria aeroespacial (Boeing, Pratt & Whitney, Bodycote, Kawasaki Hi, Spirit AeroSystems e Fuji Heavy Industries). A produción de robots é outra industria en rápido desenvolvemento. Ademais a robótica, a industria de enxeñaría de materiais tamén se está a desenvolver nesta área.

Noritake é unha empresa de cerámica, produción típica da zona desde o perído Edo. Os monicreques mecanizados, chamados "Karakuri Ningyo", son outra artesanía tradicional. miniatura|dereita|200px|Castelo de Nagoia

División administrativa O concello de Nagoya divídese en 16 barrios (ku 区):

Atsuta-ku (熱田区, あつたく) Chikusa-ku (千種区, ちくさく) Higaxi-ku (東区, ひがしく) Quita-ku (北区, きたく) Meitou-ku (名東区, めいとうく) Midori-ku (緑区, みどりく) Minami-ku (南区, みなみく) Minato-ku (港区, みなとく) Mizugho-ku (瑞穂区, みずほく) Moriiama-ku (守山区, もりやまく) Naka-ku (中区, なかく) Nakagawa-ku (中川区, なかがわく) Nakamura-ku (中村区, なかむらく) Nixi-ku (西区, にしく) Xouwa-ku (昭和区, しょうわく) Tenpaku-ku (天白区, てんぱくく)

Universidades Universidade de Nagoya (名古屋大学) Instituto de technoloxía de Nagoya (名古屋工業大学) Universidade da prefectura de Aichi (愛知県立大学) Universidade da cidade de Nagoya (名古屋市立大学) Universidade de Nanzan (南山大学)

Cidades irmandadas Os Ánxeles (1959) Cidade de México (1978) Sidney (1980) Turín (2005)

Véxase tamén Outros artigos Historia urbana de Nagoia Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Nagoia . Sitio web oficial da cidade de Nagoia . Sitio web oficial da cidade de Nagoia .

Categoría:Cidades do Xapón Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Prefectura de Aichi