Eladio Vázquez Ferro, nado no Carballiño o 18 de outubro de 1899, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo dun mestre. Emigrou a Cuba cara a 1918. Foi un dos redactores da revista literaria Juvencia (1922). Foi un dos fundadores da Irmandade Nazonalista Galega da Habana en novembro de 1922. Colaborou en Galicia, Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Progreso de Asturias, DM, Athenea e Chic. Directivo da Asemblea de Apoderados do Centro Gallego de La Habana, foi secretario do partido Afirmación Gallega (1937). En 1936 fundou, coa colaboración de Adolfo Víctor Calveiro, Cultura Gallega, da que foi subdirector e onde publicou artigos, relatos e poemas. Despois dirixiu Lar (1940-1941), órgano político de Afirmación y Defensa, simpatizantes do franquismo. Tamén colaborou en Cultura Hispánica e La Vida Gallega en Cuba (1951). Foi presidente da Sección de Bellas Artes do Centro Galego nos anos cincoenta. Visitou Galicia en 1953.La Noche, 4-9-1953, p. 6.La Voz de Galicia, 20-9-1953, p. 4. En 1964 era presidente da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega.La Voz de Galicia, 4-1-1964, p. 9. O 25 de xullo de 1967 asistiu na Habana á misa solemne de ministros ofrecida pola Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia.La Voz de Galicia, 13-8-1967, p. 20. Marchou despois a Miami. Foi correspondente da Real Academia Galega.

Vida persoal miniatura|Voda de Eladio Vázquez Ferro e Eloisa Filgueiras Parapar.

Casou con Eloisa Filgueiras Parapar en 1924, e foi pai de Emilio Vázquez Filgueiras. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Biografía en Cultura Gallega

Categoría:Xornalistas do Carballiño Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1899

Categoría:Finados en ano descoñecido