Yerself Is Steam é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Mercury Rev, publicado o 14 de maio de 1991. "Car Wash Hair" foi publicada como sinxelo antes que o álbum.

En outubro de 2016 Pitchfork Media situouno no número 16 da súa lista dos 50 mellores álbums de shoegaze de todos os tempos.

Listaxe de cancións

(*) A contraportada enumera deliberadamente os tempos de execución erróneos. Están listados arriba en cursiva. (**) Na edición en CD de Columbia/Sony Music. "Car Wash Hair" aparece como tema 99 na versión de 1992 de Sony/Columbia. Tamén, nesa versión, "Very Sleepy Rivers" está dividida en fragmentos entre os cortes 8 (7:15) e do 9 ao 98, que son de 4 segundos de lonxitude. O son pouco a pouco vai esvaecéndose cara ao corte 83, e no 88 alguén comeza a dicir 'pick' repetidamente con algungas risas apenas audibles. Durante esta parte máis tranquila, mesturouse un sinal de baixa frecuencia duns 20 Hz.

Notas

Categoría:Álbums de Mercury Rev Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums de estrea