(47171) Lempo (designación provisional: ) é un sistema que comprende 3 obxectos trans-neptunianos (TNOs). Foi descuberto no ano 1999 por Eric P. Rubenstein e Louis-Gregory Strolger dende o Kitt Peak National Observatory (KPNO). O Dr. Rubenstein estaba buscando imaxes tomadas polo Dr. Strolger dentro do programa de procura Low-Z Supernova. Está clasificado coma un plutino cunha resonancia orbital de 3:2 con Neptuno, está actualmente a só 30,7 UA respecto do Sol, e está entre os TNOs máis brillantes.

Características físicas Lempo é un sistema triplo que consiste nun primario (o cal en si mesmo é un obxecto binario) e unha pequena lúa (compoñente B). As observacións combinadas feitas no infravermello polo Telescopio Espacial Spitzer, o Telescopio Espacial Herschel e o Telescopio Espacial Hubble (HST) fixeron posible a estimación dos diámetros das compoñentes e consecuentemente estas estimacións proporcionaron un rango de posibles valores para a densidade do conxunto do sistema. O diámetro, tomado coma se fose un só corpo (o tamaño efectivo do sistema), de está actualmente estimado en 393,1 km.

A estimada baixísima densidade de tan só 0,3–0,8 g/cm3 obtida no ano 2006 (cando se pensaba que o sistema era binario), precisaba que o sistema tivese unha infrecuente e altísima porosidade de entre o 50% ó 75%, asumindo unha mestura por igual de xeo e rochas. A medición directa das flutuacións da luz das tres compoñentes do sistema, proporcionadas no ano 2009 polo HST, deron coma resultado unha densidade media de 0,532 g/cm3, confirmando as primeiras impresións sobre que este obxecto é probablemente un conglomerado de cascallos. A densidade foi revisada á alza, co novo dato de 0,64 g/cm3 no ano 2012 cando estiveron dispoñibles os novos datos obtidos polo Herschel. A densidade do sistema en conxunto quedaba nun rango de 1–2 g/cm3, o que supón unha porosidade que iría do 36% ó 68%, confirmando de novo que o obxecto é un conglomerado de cascallos.

Lempo ten unhas liñas espectrais moi marcadas no vermello dentro da rango da luz visible e un espectro plano no infravermello próximo. Tamén hai unha feble liña de absorción preto da lonxitude de onda dos 2 μm, probablemente causada pola presenza de xeo de auga. O mellor modelo que reproduce o espectro do sistema incluiría tolinas, xeo cristalino de auga e serpentinas coma materiais da superficie.

Compoñentes A lúa foi descuberta o 8 de decembro do ano 2001 por C. A. Trujillo e M. E. Brown grazas ó uso do Telescopio Espacial Hubble e o seu descubrimento foi anunciado o 10 de xaneiro do ano 2002. O satélite ten un diámetro estimado de 132 km e un semi-eixo maior de , orbita o seu primario en . Estímase que a masa desta lúa é de tan só 0,75 x 1018 kg.

No ano 2009, unha análise feita co Hubble amosou que o primario estaba realmente composto por dúas compoñentes de tamaño semellante. Estas dúas compoñentes teñen un semi-eixo maior de 867 km e un período de 1,9 días. Asumidos que teñen albedos iguais, de 0.079, as compoñentes do primario teñen uns diámetros aproximados de A1=272 km e A2=251 km. A compoñente B orbita o baricentro do sistema de A1+A2. A masa do sistema foi estimada grazas á observación do movemento da compoñente B, que é de . O movemento orbital das compoñentes A1 e A2 dá unha estimación algo máis alta, en concreto de . Esta discrepancia é probablemente debida ás interaccións non contabilizadas das compoñentes deste complexo sistema triplo.

Orixe Existen dúas hipóteses principais para explicar a formación do sistema triplo de Lempo. A primeira basearía a formación do sistema a través dunha gran colisión e a posterior concentración de material. A segunda hipótese baséase na captura gravitacional dun terceiro corpo por parte dun sistema binario pre-existente. Os tamaños semellantes das compoñentes A1 e A2 danlle máis peso a esta segunda hipótese.

Exploración Lempo foi suxerido coma posible obxectivo para a sonda New Horizons 2, esta sonda é unha proposta para un proxecto dunha sonda xemelga á New Horizons que sobrevoaría Xúpiter, Urano e catro KBOs. Recuperado de

Notas

Véxase tamén Outros artigos 90482 Orcus 50000 Quaoar

Ligazóns externas Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris (47171) 1999 TC36 Precovery Images (47171) 1999 TC36, A Transneptunian Triple

Categoría:Candidatos a planeta anano Categoría:Plutinos