1444 (MCDXLIV) foi un ano bisesto comezado en mércores segundo o calendario xuliano. É o primeiro do oito anos da era común e do anno Domini que usa todas as letras do sistema de numeración romano unha vez cada unha.
Acontecementos Batalla de Varna: un exército húngaro-polaco, dirixido por Jan Hunyadi, é derrotado polos turcos otománs, nas proximidades de Varna (Bulgaria actualmente), que acudían en auxilio de Bizancio. Vlad Dracul, príncipe de Valaquia, prisoeiro dos otománs desde 1442 recupera o seu trono nos comezos deste ano. Seus fillos Vlad e Radu son enviados como reféns ao sultán Murad II. Suíza - Batalla de Saint Jakob: derrrota do exército da Liga perpetua (cantóns de Uri, Schwyz, Unterwalten) fronte ao exército aliado do emperador alemán, Francia e Zürich. Portugal: fundación da Compañía de Lagos, á que se asigna o monopolio do comercio luso con África.
Ciencia e tecnoloxía
Arte e literatura
Nacementos Donato d'Angelo Bramante, arquitecto italiano (m. 1514). Antonio de Nebrija, letinista e gramático castelán (m. 1522).
Mortes Leonardo Bruni, humanista italiano (n. 1369). Joseph Albo, filósofo xudeu (n. 1380) Robert Campin, tamén coñecido como Mestre de Flemalle, pintor flamengo (n ca. 1378)
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1444