Francisco Javier León de la Riva, nado en Valladolid o 15 de novembro de 1945, é un médico e político español do Partido Popular (PP). É o alcalde de Valladolid desde o ano 1995, sendo elixido en 2011 por maioría absoluta para unha quinta lexislatura co maior número de concelleiros de todas as súas participacións, aínda que non con máis votos.
Biografía Naceu en Valladolid, e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Máis tarde, doutorouse en Medicina na Universidade de Valladolid, especialidade Obstetricia e Xinecoloxía, sendo profesor titular da mesma, na actualidade en situación de excedencia.El Berlusconi de Pucela. Los escándalos salpican al alcalde de Valladolid, autor de la alusión a los "morritos" de Leire Pajín, El País, 14/11/2010 Xefe clínico do Departamento de Obstetricia e Xinecoloxía do Hospital Clínico Universitario. Membro da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Valladolid. Ex director da Escola Universitaria de Enfermería. Membro do Comité Executivo Provincial do Partido Popular de Valladolid. Membro do Comité Executivo Rexional do Partido Popular. Mantén unha relación estreita co expresidente de Goberno José María Aznar e a súa esposa Ana Botella, de quen foi xinecólogo.
Está casado e ten tres fillos.
Traxectoria política 1987-1999: Procurador nas Cortes de Castela e León. 1987-1991: Conselleiro de Cultura e Benestar Social da Xunta baixo a presidencia de Aznar e Lucas. 1991-1993: Portavoz do Grupo Popular nas Cortes. 1991: A lista do PP vence nas eleccións municipais con maioría simple obtendo 13 concelleiros, o que lle impide gobernar en detrimento do socialista Tomás Rodríguez Bolaños, que recibe o apoio de IU. 1995: Tras as eleccións dese ano convértese en alcalde de Valladolid coa vitoria do PP por maioría absoluta que lle outorga 15 concelleiros (dos 29 en liza). En 1999, 2003 e 2007 repite número de concelleiros e é reelixido. 1991-1995: Vicepresidente da Comisión Mixta de Transferencias. 1996-2007 Vicepresidente de Caja Duero. Desde 2004: Presidente Executivo da OICI (Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal).
Foi tamén Vicepresidente da Comisión Nacional de Sanidade do Partido Popular e actualmente é membro do Comité Executivo e Presidente da Comisión de Relacións Internacionais da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), así como Vicepresidente do CMRE (Comité das Rexións e os Municipios de Europa).
No ano 2006 desatou a polémica tras saberse que unha construtora de vivendas de protección oficial asignara a dedo pisos a dous familiares de cargos do PP de Valladolid, entre eles un fillo seu.
Mandato 2007-2011 Tras as eleccións municipais de 2007 revalida a maioría absoluta -polo mínimo- por cuarta vez consecutiva, obtendo a súa candidatura 87.016 votos e 15 concelleiros (dun total de 29).
Entre as actuacións realizadas esta lexislatura destaca o capítulo dedicado a infraestruturas: 5 aparcadoiros subterráneos, reformas viarias, construción dunha nova ponte e pasarela sobre o Pisuerga, un novo Centro Integrado, Centros Cívicos, a colaboración coa Xunta en iniciativas como a planta de residuos, o parque do Cerro de Las Contiendas, a recollida de aceites ou os programas sociais con ONG.
En canto ao endebedamento do Consistorio, a débeda viva pasou de 148 millóns de euros no ano 2009 até os 220 millóns no ano 2011 (case 700 euros per cápita).
Así mesmo, impulsouse a promoción internacional, turística e cultural da cidade. Entre os proxectos previstos e que non se levaron a cabo destacan o Palacio de Congresos, o soterramento do ferrocarril, o Palacio da Imaxe ou a coordinación da área metropolitana cos municipios da contorna.
Polémicas, proxectos e sentenzas urbanísticas En materia de urbanismo, producíronse diversos episodios controvertidos. O Plan Parcial de Valdechivillas xerou divisións no seo do Goberno Municipal no ano 2009 debido ás condicións do proxecto e á relación de parentesco e amizade do promotor con membros do Grupo Municipal, incluído León de la Riva, que expresou que tiña información do proxecto “oficiosamente ... non oculto que teño unha relación de amizade persoal co presidente de Urbespacios” [o promotor]. Finalmente o proxecto saíu adiante no ano 2009.
No ano 2008 o Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León (TSJCyL) declaraba como ilegal a remodelación do Edificio Caja Duero (residencia de De la Riva), cunhas obras que obtiveran previamente autorización municipal, decidíndose cargar o custo da operación ao Consistorio (600.000 euros).
Actualmente (maio de 2011) estanse a investigar as modificacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) aprobado en marzo de 2003 na anterior lexislatura, xa que o texto publicado no boletín oficial da provincia en febreiro de 2004, aparecía con até vinte diverxencias respecto do texto aprobado no pleno, algunhas de cambio de edificabilidade. Así, o TSJCyL en sentenza do ano 2011 consideraba que se trataron de "alteracións conscientes que pola súa índole e importancia cambian o sentido das determinacións urbanísticas afectadas", e "estase encubrindo unha auténtica revisión" fronte ás declaracións iniciais de León de la Riva nas que apuntaba a “erros materiais”.
Valoración da xestión polos grupos da oposición Os grupos na oposición, destacan desta lexislatura principalmente o continuísmo e a falta de novas fórmulas, o incumprimento reiterado de promesas, así como a actitude do alcalde. Óscar Puente (PSOE) resúmeo así: “máis do mesmo”. Pola súa parte, o concelleiro de Izquierda Unida Alfonso Sánchez laméntase da “intolerancia na que se mantén [el alcalde]: a nula procura de consensos para proxectos de cidade. Con que colectivo social non tivo problemas? Para ser alcalde non só hai que ter a maioría nas urnas, senón ter liderado de chegar a algún tipo de consensos.”
Mandato 2011-2015 No ano 2012 León de la Riva foi imputado en dous procesos xudiciais: o "caso manipulación do PXOU" e con motivo do reiterado incumprimento por parte do Concello da obrigación imposta pola Xustiza de restaurar a legalidade no edificio da praza de Zorrilla, inmoble onde este conta cunha vivenda.
Declaracións Ao longo da súa carreira política, León de la Riva fixo numerosas declaracións controvertidas ou machistas: Non creo nas paridades, parécenme paridas (2007) No ano 2008 referíase a Carme Chacón como "señorita Pepis vestida de soldado". Tras incumprir o mínimo do 40% de mulleres na lista para as eleccións municipais de 2011, declarou que se trataba de "una parida", tachando as críticas da oposición de "pijadas". O 11/11/2011 chamoulle publicamente "pallaso" a un cidadán na Praza Maior de Valladolid que ao pasar lle indicou que os políticos non deberían cobrar tanto.http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/11/valladolid/1321030262.html A este respecto cabe dicir que o seu salario como rexedor en 2010 ascendía a 83.000 euros, se ben cobraba outros 10.000 pola presidencia do Banco de Negocios.http://www.elnortedecastilla.es/20100704/local/valladolid/riva-suma-euros-anuales-201007041647.html Sobre Leire Pajín En outubro de 2010 declarou que a nova ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, era unha «chica preparadísima, hábil, discreta, que vai repartir condóns a torto e dereito por onde queira que vaia e que vai ser a "alegría de la huerta"». E engadiu que «cada vez que lle vexo a cara e eses "morritos" penso o mesmo, pero non o vou contar aquí».Declaraciones de Francisco Javier León de la Riva sobre la ministra de sanidad Leire Pajín Cadena SER Noutra ocasión, cando Leire Pajín usou varias linguas durante unha intervención no Senado, León de la Riva afirmou: «Cada vez que fala, non sei se está demostrando que é parva en cinco idiomas, pero estou preto de pensalo». Despois pediu desculpas, dicindo: «Tiven un exceso verbal ao recoñecer en voz alta... respecto ao aspecto físico da nova ministra. Lembra un personaxe de debuxos animados,»El PSOE exige la dimisión del alcalde de Valladolid por sus insultos machistas a Pajín, El País, 21 de outubro de 2010. aínda que en decembro expresou a súa opinión de que os seus comentarios sobre Pajín lle darán máis votos, como un "efecto búmerang".
A Ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, negouse o 24 de outubro a asistir á inauguración da Semana Internacional de Cine de Valladolid 2010 polas declaracións que cualificou de misóxinas do alcalde valisoletano. O Vicepresidente do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, sinalou o 22 de outubro en relación coas declaracións que «Hai algo na xenética do PP que rilla un pouco con algo que está asumido polos españois: que a loita pola igualdade correspóndenos a todos».Algo rechina en los genes del PP» , El Periódico de Catalunya, 23 de outubro de 2010. María Dolores de Cospedal, Secretaria xeral do Partido Popular, cualificounas de «lamentables», e Ana Mato, Vicesecretaria de organización do PP, sinalou que eran «unha grosería impresentable».Cospedal tilda de "lamentables" las palabras del alcalde de Valladolid sobre Pajín, 20minutos, 22 de outubro de 2010.
Numerosos partidos e colectivos locais e estatais pediron a dimisión de León de la Riva tras as declaracións. Así, a Coordinadora de Mulleres de Valladolid expresou nun comunicado que "As palabras do Alcalde de Valladolid, [...] independentemente da valoración política que nos mereza ese nomeamento, son indignantes para todas as mulleres, degradan a nosa imaxe e atentan contra a consideración que como seres humanos as mulleres nos merecemos. O Sr. León de la Riva debe dimitir porque non pode ser rexedor da nosa cidade quen ten tan interiorizados tales comportamentos machistas e sexistas, que ademais acostuma acompañar moi habitualmente con todo tipo de manifestacións e expresións autoritarias, contra a liberdade de expresión e manifestación, contra os Xuíces."
Os grupos municipais de PSOE e Izquierda Unida-Los Verdes no concello tamén emitiron comunicados neste sentido. Así, o portavoz de IU-LV expresou que:
A dirección do Partido Socialista Obreiro Español pediu a dimisión de León de la Riva, polos seus insultos machistas por boca do seu vicesecretario xeral, José Blanco López:
O candidato socialista á presidencia da Xunta de Castela e León, Óscar López Águeda, sinalou:
Eleccións municipais do 22 de maio, protestas de maio
Durante as protestas previas ás eleccións impulsadas pola plataforma civil e dixital Democracia Real Ya León de la Riva vinculou os manifestantes a organizacións de ultraesquerda e comparounas coas protestas organizadas que tiveron lugar tras os sucesos do 11-M no 2004, a pesar de que a plataforma se describe como apartidista.
Finalmente o PP obtivo uns resultados históricos en canto a concelleiros na cidade, alcanzando a maioría absoluta con 17 edís (aínda que perdendo uns 2.000 votos respecto das anteriores eleccións de 2007, quedando en 85.006 apoios), o que permitiu a León de la Riva levar a cabo o seu 5º mandato.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Resumo biográfico na Web do Grupo Municipal Popular do Concello de Valladolid Web con referencias a documentación relacionada con León de la Riva
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Alcaldes de Valladolid Categoría:Políticos do PP Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León