175px|miniatura|dereita|Personaxes de Winnie-the-Pooh tallados en madeira

Winnie-the-Pooh, é un personaxe de ficción (un osiño amarelo) creado por A.A. Milne. A primeira colección de contos apareceu no 1926 titulada simplemente Winnie-the-Pooh e seguiu con The House at Pooh Corner (1928). Milne tamén fixo algúns poemas sobre este personaxe incluídos na obra When We Were Very Young (Cando eramos moi novos) (1924) e en Now We Are Six (Agora somos seis) (1927). Os catro volumes foron ilustrados por E.H. Shepard.

A Compañía Walt Disney adaptou os contos con grande éxito.

Traduciuse a numerosos idiomas, incluído o latín (Winnie ille Pu) en 1958.

Orixe miniatura|esquerda|Xoguetes orixinais: Tigger, Kanga, Winnie the Pooh, Eeyore, e Piglet. miniatura|Winnie-the-Pooh- White River, Ontario Milne púxolle aos personaxes os nomes dos osiños de peluxe de seu único fillo, Christopher Robin, no que baseou o personaxe do neno (o humano) dos contos, agás o moucho e mais o coello (Owl e Rabbit), e o personaxe de Gopher engadido na versión da Disney. Os xoguetes orixinais que eran de Christopher Robin se exhibeixen na Biblioteca Main Branch de Nova York "The Adventures of the Real Winnie-the-Pooh. The New York Public Library.

O nome de Winnie-The-Pooh provén dun oso pardo canadense que o fillo de A.A. Milne viu no zoo de Londres e dun cisne que el vía durante as vacacións. Cando o oso era aínda un cachorro, mercouno un militar canadense que lle puxo o nome de Winnie pois o militar era orixinario de Winnipeg, no Canadá. Este animal levouse até Inglaterra onde se converteu en mascota militar e finalmente parou no zoo de Londres rematando a primeira guerra mundial, onde era moi popular entre os visitantes."Winnie". Historica Minutes, The Historica Foundation of Canada. Consultado o 30 de maio de 2008. O cisne Pooh aparece coma personaxe na obra When We Were Very Young.

Disney Logo de que o ilustrador Slesinger finase no 1953, a súa viúva, Shirley Slesinger Lasswell, continuou ela mesma a debuxar o personaxe. No 1961, vendeu os dereitos de autor á Walt Disney Productions."The Curse of Pooh." Fortune. O mesmo fixo Daphne Milne incluíndo dereitos cinematográficos.

Dende 1966, a Disney realizou numerosas producións de debuxos animados baseadas en Winnie the Pooh e os seus amigos.

Adaptación soviética miniatura|dereita|Selo soviético cos personaxes de Winnie the Pooh De 1969 a 1972 e con nome ruso de Vinni Pukh (Винни-Пух) fíxose unha triloxía de debuxos animados para a Soiuzmultfilm dirixida por Fiodor Khitruk. Os personaxes estaban debuxados dun xeito moi diferente ás anteriores ilustracións sendo a cor do osiño marrón no canto do amarelo da versión da Disney.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas O oso orixinal, con A. A. Milne e Christopher Robin, no National Portrait Gallery, Londres Situacións auténticas , de the Ashdown Forest Conservators Winnie-the-Pooh na New York Public Library

Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Personaxes da literatura Categoría:Personaxes de cinema Categoría:Debuxos animados Categoría:Personaxes de Disney