Cristian Mungiu nado en Iaşi o 27 de abril de 1968, é un director de cine romanés. Canda Cristi Puiu, Radu Muntean, Cristian Nemescu, Corneliu Porumboiu e Cătălin Mitulescu é considerado un dos máis importantes expoñentes da nova onda romanesa de cinema.
Biografía Tras estudar literatura inglesa na Universidade Alexandru Ioan Cuza en Iaşi, Mungiu traballou durante varios anos como mestre e xornalista. Posteriormente, estudou dirección de cine na Academia de Cine e Teatro de Bucarest. Despois da súa graduación, Mungiu realizou varias curtametraxes. En 2002, realizou a súa primeira longametraxe, Occident. A película tivo éxito de crítica, recibindo varios premios en diferentes festivais de cine e aparecendo no Festival de Cine de Cannes.
En 2007, Mungiu escribiu e dirixiu o seu segundo filme, 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile. A película foi criticada positivamente e gañaría a Palma de Ouro, sendo a primeira vez que un romanés obtén tal distinción.
Mungiu é irmán da analista política Alina Mungiu-Pippidi.
Filmografía După dealuri (2012) Amintiri din epoca de aur (2009) 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile (2007) Lost and Found (2005, segmento "Turkey Girl") Occident (2002) Corul pompierilor (2000, curtametraxe) Nici o întâmplare (2000, curtametraxe) Zapping (2000, curtametraxe)
Notas
Categoría:Directores de cinema de Romanía Categoría:Nados en Iași Categoría:Personalidades de Romanía Categoría:Nados en 1968