Galicia Católica foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1883 e 1887.
Historia e características Subtitulada Revista quincenal de asuntos religiosos, científicos, literarios etc, con exclusión de toda clase de asuntos políticos, apareceu en febreiro de 1883. Estaba dirixida por Emilio Villelga Rodríguez. Incluíu estudos críticos sobre relixión, unha sección literaria, onde se inseriron algúns poemas, e notas bibliográficas. Cesou a súa edición co número 118 o 31 de novembro de 1887.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1883 en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Prensa católica