O New Deal ("Novo Pacto" ou Acordo) foi o proxecto lexislativo de política económica posto en práctica polo Presidente estadounidense Franklin D. Roosevelt entre 1933 e 1940 para rescatar os Estados Unidos de América da Gran Depresión. Baseouse na presunción de que esta depresión fora causada pola inestabilidade inherente do mercado e que a intervención do goberno era necesaria para racionalizar e estabilizar a economía.
Axuda, recuperación e reforma O New Deal ten tres compoñentes: axuda directa, recuperación económica e reforma financeira.
A Axuda foi o esforzo inmediato para socorrer a un terzo da poboación que fora alcanzada de cheo pola depresión. Roosevelt expandiu o programa de socorro da Federal Emergency Relief Administration (FERA) de Hoover, e engadiu o Civilian Conservation Corps (CCC), Public Works Administration (PWA), e o Works Progress Administration (WPA) que comezou en 1935. Ese mesmo ano foron engadidos a seguridade social e os programas e axudas de desemprego. Igualmente se estableceron programas diferentes de axuda á América rural, tales como o Resettlement Administration (RA) e a Farm Security Administration (FSA).
A Recuperación tiña como obxectivo restaurar a economía ós niveis dos anos anteriores á depresión. Isto non significaba necesariamente o ano 1929, que moitos economistas consideraban unha burbulla inchada artificialmente senón que implicaba "pump priming" (déficit spending), caída do gold standard, esforzos para reflotar os prezos agrícolas que estaban baixos de máis e esforzos para acrecentar o comercio exterior. Os máis dos esforzos do New Deal para axudar a América das corporacións foron canalizados a través do programa Hoover, a Reconstruction Finance Corporation (RFC).
A Reforma estaba baseada na idea de que a depresión fora causada pola inestabilidade inherente do mercado e na de que a intervención do goberno era necesaria para racionalizar e estabilizar a economía, e para equilibrar os intereses dos agricultores, comerciantes e traballadores. Isto incluía a National Recovery Administration (1933), a regulación de Wall Street (SEC, 1933), a Agricultural Adjustment Act, programas agrícolas (1933 e posteriores), seguros de depósitos bancarios (Federal Deposit Insurance Corporation 1933) e a Wagner Act animando os sindicatos de traballadores (1935). Non houbo grandes programas anti-trust. Roosevelt dixo que el se opoñía ó socialismo (no senso de propiedade estatal dos medios de produción), e só un programa importante, o Tennessee Valley Authority (1933), implicaba a propiedade estatal dos medios de produción.
Se o New Deal tivo éxito en acadar os tres Rs, e en particular se o programa debería servir de modelo para a acción gobernamental segue sendo un tema de debate polémico. O New Deal tamén se usa para describir a New Deal Coalition que Roosevelt creou para apoiar os seus programas de acción, incluído o Partido Demócrata, sindicatos de traballadores, minorías ou etnias europeas e afroamericanas, e grupos de agricultores. En 1934, a Corte Suprema comezou a declarar inconstitucionais partes importantes do New Deal. Isto decidiu a Roosevelt a propoñer a Court-packing Bill en 1937. Aínda que a lei fracasou, a era Lochner acabaría en breve cando a Supreme Court Justice Owen Roberts cambiase o seu voto en varios casos críticos do New Deal, e Roosevelt tivo a oportunidade de nomear novos xuíces ó se retiraren os xuíces da old Lochner court. En 1942, a Corte Suprema abandona case completamente o seu "activismo xudicial" de tirar abaixo leis do congreso, tal e como denunciaban os apoios do New Deal. A Corte Suprema sentenciou en Wickard v. Filburn que a Cláusula de Comercio cubría case toda a regulación que permitía a necesaria expansión do poder federal para tornar o New Deal "constitucional".
As orixes do New Deal
No 29 de outubro de 1929, o estalido do NYSE, máis coñecido como o "Martes Negro", reflectiu un cambio cara a unha tendencia mundial de crise. No 1929-1933, o desemprego dos Estados Unidos estoupou dende o 3 por cento ata o 25 por cento, mentres que a actividade manufactureira descendeu ata chegar a representar nada máis que un terzo da actividade anterior.
Despois de aceptar o nomeamento do Partido Demócrata dos Estados Unidos para a presidencia, o 2 de xullo de 1932, Franklin D. Roosevelt prometeu un "novo pacto para a xente americana" ("a new deal for the American people"), unha frase que representa o lema para a súa administración e a multitude de asuntos de carácter doméstico nos que se ten que traballar. Mentres, as demais economías do mundo incrementan a recuperación da posguerra, continuando políticas de proteccionismo; como o Reino Unido, que adopta medidas de intervención na economía planificada. A recuperación da economía co nazismo de Alemaña conséguese a través de investimentos na defensa, e programas de obras públicas. Na Italia de Mussolini, os controis económicos do seu estado foron moi fortes. Os observadores internacionais comezan a mirar os programas masivos de planificación da economía como os da Unión Soviética como un sistema "a proba de depresións" e unha solución á crise.
A diferenza doutros moitos líderes nos anos trinta, Roosevelt non comeza un plan ideolóxico único. O seu "New Deal" será moitas veces contraditorio, pragmático e ademais experimental. O que moitos consideran incoherencia no New Deal será unha mestura de varias ideoloxías que nese tempo competían xuntas.
O New Deal vaise así debuxando seguindo as experiencias dos seus líderes, e reflectindo as súas ideas. As influencias nos programas de Roosevelt teñen a súa orixe no ambiente que el respira nos primeiros tempos da súa xuventude política, mentres servía na administración Wilson, e outras responsabilidades nos anos vinte. O New Deal toma prestada a oposición ó monopolio e acada a dirección da regulación da economía polo Estado dende as ideas desa era progresista. Tamén inflúe a desaparición das vellas nocións de que a pobreza é un fallo das opcións morais do individuo, xa que se considera máis un produto das impersoais forzas económicas. As súas ideas acerca do gasto do goberno collen forma nos esforzos da administración Wilson de aumentar o gasto da primeira guerra mundial. Ademais os New Dealers teñen en conta os experimentos políticos dos anos vinte e os seus esforzos en harmonizar a economía creando relacións cooperativas sumando os seus elementos constituíntes.
O New Deal constitúese en moitos programas de goberno diferentes. O seu éxito foi diverso, pero acadou suficiente éxito para establecelo como o episodio máis importante do século XX na creación da burocracia federal moderna.
Os primeiros cen días miniatura|222px|A exuberante personalidade pública de Roosevelt, transmitida pola súa declaración de que "a única cousa á que lle temos que ter medo é o medo", e as súas "charlas domésticas" na radio fixeron moito para axudar a restaurar a confianza da nación.
Despois de acadar a decisiva vitoria nas eleccións presidenciais de 1932 e co seu partido varrendo as eleccións ó Congreso dos Estados Unidos por toda a nación, o novo presidente comezou cunha grande influencia sobre este mesmo Congreso. Polo tanto, unha larga lista das maiores iniciativas do New Deal (reformar o mercado de valores, axudar os desempregados e reformar o sistema bancario) tomaron forma durante os Primeiros Cen días da administración.
Bancos e reforma monetaria
No comezo do mandato da administración tomáronse unha serie de medidas sinxelas de apoio ó sistema das inestables actividades bancarias. Cunha crise bancaria asomando, algúns observadores preguntábanse se a administración tomaría medidas radicais, tales como a nacionalización do sistema bancario (unha resposta á Gran Depresión en gran parte do mundo).
No seu lugar, o 6 de marzo, dous días despois de comezar o seu mandato, o presidente publicou unha orde que cerraba tódolos bancos dos Estados Unidos por catro días ata que o Congreso puidese reunirse nunha sesión especial. Demostrando que o goberno federal camiñaba no centro do problema para parar o patrón alarmante das catástrofes bancarias, a acción creou un sentido xeral de reconstrución (anteriormente, moitos estados xa cerraran os seus bancos antes do 6 de marzo).
Tres días despois, Roosevelt envía ó Congreso a Lei de Emerxencia Bancaria, redactada en gran parte polos funcionarios designados por Hoover. O pago achegou ó Departamento de Facenda os requisitos de reservas iniciados, e un urxente desaloxo de fondos das institucións federais con grandes fallas. O Congreso aprobou o pago no prazo de catro horas da súa introdución. Tres cuartas partes dos bancos no Sistema de Reserva Federal abriron de novo nos tres días seguintes, e miles de millóns de dólares en moeda amortizada e o ouro fluíu novamente nun mes, estabilizando así o sistema de actividades bancarias.
A Lei de economía (The Economy Act)
Na mesmísima mañá seguinte, e despois da Lei de Emerxencia Bancaria, Roosevelt envía ó Congreso a Lei de Economía. Sen unha medida decisiva, a nación acumularía un déficit dun billón de dólares americanos. A lei propuxo equilibrar o orzamento federal, reducindo os salarios dos empregados do goberno, e cortando as pensións dos veteranos ata nun 15 por cento. Esta medida estivo orientada a sosegar os falcóns do déficit que proclamaban que o novo presidente era un conservador fiscalmente falando. Seguindo o que xa fixera a proposta dos bancos, aceptouse no Congreso case de súpeto, a pesar das acaloradas protestas dos membros de esquerdas nesta cámara.
Durante os primeiros cen días, os New Dealers non aceptaron o gasto público como un vehículo para a expansión económica. A maioría dos economistas rexeitaron o gasto deficitario, e favoreceron os orzamentos equilibrados. De feito, durante a campaña contra o presidente Hoover, Roosevelt atacou o presidente por entrar en déficit, e prometeu equilibrar o orzamento se resultaba elixido.
Lei de axuste agrícola (The Agricultural Adjustment Act)
Os primeiros cen días produciron un programa federal para protexer os labregos das incertezas da depresión, coa axuda dos subsidios e controis da produción. O programa comezou coa Lei de axuste agrícola, creando a Administración do Axuste Agrícola (AAA), aprobada no congreso en maio de 1993.
As distintas actuacións reflicten os desexos dos líderes de varias organizacións agrícolas, e do secretario de agricultura de Roosevelt, Henry A. Wallace. A AAA puxo en funcionamento unha provisión para a redución dos cultivos coñecidos como o sistema de "asignación doméstica". Durante esta medida, os produtores de millo, algodón, cortes, produtos, porcos, arroz, tabaco, e trigo teñen marcados uns límites na colleita. A AAA vai pagar subsidios por deixar as terras sen cultivar, con fondos procedentes dun novo imposto no procesado de alimentos. Os prezos agrícolas debían ser subvencionados ata o punto da paridade.
O aspecto máis polémico contra-deflacionista das reducións da colleita era a destrución masiva da produción e do gando que ó mesmo tempo impide a moitas familias acadar o alimento. A medida inclúe a matanza de aproximadamente seis millóns de porcos. O goberno induciu a escaseza, traendo unha demanda máis alta, e aumentando as rendas agrícolas dunha forma perceptible nos primeiros 3 anos de goberno coa nova repartición. A AAA estableceu un papel federal importante e duradeiro na proposta no sector económico agrícola.
Outras iniciativas
Xa cedo no primeiro mandato de Roosevelt, a administración lanzou unha nova axencia reguladora federal para supervisar o mercado de valores, a SEC. Outra axencia foi a Corporación Federal de Seguros para os Depósitos, creada para reformar o sistema bancario, provendo un novo seguro para os depósitos bancarios.