miniatura|250px|Manuel Varela López, presidente de Caixa Rural Galega, nunha entrevista en 2018. Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Gallega é unha entidade bancaria que funciona baixo o modelo de cooperativa de crédito. O seu domicilio social está en Lugo.

Posúe 47 sucursais en Galicia; 33 na provincia de Lugo, 6 na de Ourense, 3 na da Coruña e 5 na de Pontevedra. Emprega 152 persoas a tempo completo (2018) e ten 67.000 clientes e arredor de 16.000 persoas socias. Desde 1987 é a patrocinadora principal do club de atletismo Lucus Caixa Rural Galega.

Tras a fusión de Caixanova e Caixa Galicia, que tivo como resultado a venda ao grupo bancario venezolano Banesco e posterior fusión co Banco Etcheverría (dando orixe a Abanca), e a venda do Banco Pastor ao Banco Popular (e posteriormente ao Banco Santander) e do Banco Gallego ao Banc Sabadell, erixiuse como a única entidade bancaria de capital galego. Os seus valores son a ligazón a Galicia e a representación, fronte ás grandes corporacións, do modelo de caixa de aforros tradicional, de proximidade, e ética.

Historia e características O seu xerme foi a Caja Central de Ahorros y Préstamos de Lugo, creada en 1966 polos Sindicatos Católicos Agrarios coa finalidade de dotar dun instrumento financeiro ao sector agrario da provincia. En 1979 inaugurou os servizos centrais na rúa Montero Ríos de Lugo, onde aínda continúa a súa sede actualmente. Máis tarde, nos anos 80-90 e coindicindo coa conformación e consolidación do Grupo Caja Rural, tomou o nome de Caixa Rural de Lugo. Xa a finais da década dos 90, a apertura dunha sucursal en Melide (A Coruña) marcou o inicio da expansión a toda Galicia, mais non foi até 2001 cando adoptou a marca actual. Naquel momento xa era a única Caixa Rural que continuaba activa en Galicia, por causa da compra das Caixas Rurais da Coruña, Pontevedra e Ourense por Caixa Galicia. miniatura|Oficina da Caixa en Cambados Actualmente a súa estratexia de expansión pasa por abrir novas oficinas nas provincias atlánticas, onde menos presenza ten. A única grande cidade na que aínda non está presente é Ferrol. En 2016 celebrou o seu 50 aniversario usando o lema 50 anos comprometéndonos con Galicia, publicando o libro 50 anos cos pés na terra e estreando o seu primeiro vídeo promocional con testemuños dos primeiros clientes da entidade.

A súa estrutura organizativa ten como principal órgano a Asemblea Xeral, que escolle o Consello Reitor (formado pola Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría e nove vogalías). O cargo máis importante é o de Presidencia e dela depende a Dirección Xeral, de que dependen á súa vez os restantes órganos de decisión. O seu primeiro presidente foi o avogado Antonio Rosón e estivo no cargo até 1986. Nesa altura foi substituído por José María Pardo Montero, dirixindo este a entidade durante case 30 anos até o seu falecemento en 2015. Entón foi relevado no cargo polo profesor, membro do Consello Reitor da Caixa e do Consello Galego de Cooperativas Manuel Varela López.

É unha das socias do Grupo Caja Rural. Esta unión permítelle ofertar todo tipo de produtos financeiros e compartir custos, xa que os investimentos en informática ou novos soportes son compartidos entre todos os membros. Os sistemas xiran arredor da empresa Rural Servicios Informáticos, cuxa marca principal é Ruralvia. Nela englóbanse os servizos de banca a distancia, ofrecendo unha versión de escritorio, aplicacións para móbiles e tabletas e servizos como o pago sen contacto a través da tecnoloxía NFC. Da xestión dos seguros comercializados polos membros ocúpase a empresa Rural Grupo Asegurador (Seguros RGA), mentres que Gescooperativo é quen xestiona os fondos de investimento. O Grupo tamén posúe a Asociación Española de Cajas Rurales, que serve como instrumento de coordinación e debate entre as Caixas asociadas.

O seu código SWIFT é BCOEESMM070.

Datos económicos

Resultados Cifras en miles de euros Exercicio2010 Exercicio2011 Exercicio2012Exercicio2013Exercicio2014Exercicio2015Exercicio2016Exercicio2020Exercicio2021 Investimento crediticio 571.467427.832460.241 768.000 Depósitos da clientela 720.713798.5381.279.882 1.500.000 Fondos propios 42.89846.20367.572 Índice de morosidade 9,41%9,58%3,5% 2,65% Solvencia (capital principal) 11,11%13,34% 14,29% 15,24 Beneficio neto 3.1193.1465.750.337 6.320.000 miniatura|Lona exterior da Caixa en Pontevedra

Porcentaxe de investimento 2016 Pemes e autónomosParticularesFinalidade, promoción e construción inmobiliariaAdministracións públicasGrandes empresas

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Caixa Rural Galega

Categoría:Bancos e caixas de aforro de Galicia Categoría:Lugo