The Hobbit: An Unexpected Journey (O Hobbit: Unha Viaxe Inesperada) é un filme de fantasía épica do ano 2012 dirixido por Peter Jackson. O filme é o primeiro dunha triloxía cinematográfica (The Hobbit) baseado na novela O hobbit de John R.R. Tolkien, precuela d'O Señor dos Aneis.
En Galicia estreouse en castelán o 14 de decembro de 2012.
Sinopse
Bilbo Bulseiro (Martin Freeman) é convidado de súpeto polo meigo Gandalf (Ian McKellen) para acompañalo xunto a un grupo de trece ananos, liderados polo lendario guerreiro Thorin, na procura do tesouro perdido dos ananos que hai moito tempo foi roubado por un dragón chamado Smaug. A súa viaxe vai levalos por fragas salvaxes; por terras traizoeiras cheas de goblins e orcos, wargs e arañas xigantes, metamorfos e magos, até que finalmente Bilbo Bulseiro atopa a Sméagol, roubándolle o Anel, que está ligado ao destino de toda a Terra Media. A viaxe cambiará para sempre a vida de Bilbo.
Personaxes Martin Freeman como Bilbo Bulseiro Ian McKellen como Gandalf Richard Armitage como Thorin Escudo de Carballo Ken Stott como Balin Graham McTavish como Dwalin William Kircher como Bifur / Troll Tom James Nesbitt como Bofur Stephen Hunter como Bombur Dean O'Gorman como Fili Aidan Turner como Kili John Callen como Oin Peter Hambleton como Gloin / Troll William Jed Brophy como Nori Mark Hadlow como Dori / Troll Bert Adam Brown como Ori Ian Holm como Bilbo Bulseiro de vello Elijah Wood como Frodo Bulseiro Hugo Weaving como Elrond Cate Blanchett como Galadriel Christopher Lee como Saruman Andy Serkis como Gollum Sylvester McCoy como Radagast Lee Pace como Thranduil
Notas
Véxase tamén The Hobbit (triloxía)
Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2012 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Peter Jackson Categoría:Filmes producidos por Peter Jackson Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de WingNut Films Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes sobre dragóns Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX