Para o director de cine do mesmo nome vexáse Carlos López Piñeiro
Carlos Piñeiro Iglesias, nado na Coruña c. 1955 e finado o 16 de decembro de 2012, foi un piloto de rally galego que competiu en diversos campionatos, tanto en Galicia como España.
Traxectoria Natural do coruñés barrio da Gaiteira, foi un destacado piloto nas décadas de 1970 e 1980 e logrou varias vitorias no campionato de España, rematando en terceira posición no campionato de 1983. Foi campión galego en cinco ocasións (1980, 1981, 1982, 1984 e 1987), cifra só superada por Víctor Senra e Germán Castrillón, ademais de obter un total de 22 vitorias. Competiu con diversos coches, principalmente co Porsche 911 ao longo da súa traxectoria e con diversas escuderías como Escudería La Coruña ou o equipo Rothmans tendo de compañeiros entre outros ao galego Beny Fernández ou ao vascofrancés Marc Etchebers. Posuía un taller de venda e reparación de automóbiles en Sada.Adiós a Carlos Piñeiro en revistascratch.com
Faleceu o 16 de decembro de 2012 debido a un tumor cerebral.
Vitorias Rally de Ferrol 1981, 1982, 1989 Rally de Ourense 1983 Rally Sierra Morena 1983
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Carlos Piñeiro rallybase.nl
Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 2012 Categoría:Empresarios do sector do automóbil Categoría:Finados por tumor cerebral