A tempada 1932-33 de Segunda División Española foi a 5ª edición do campionato, O Oviedo CF foi o campión. A categoría estivo formada por un único grupo, composto por 10 equipos de todo o Estado Español, obtendo cada un dous puntos por cada encontro gañado e un por cada un dos empates. En caso de empate nos puntos ao final da tempada teríanse en conta os resultados entre os equipos igualados e no caso de persistir o empate o mellor cociente de goles.

O campión da categoría ascendeu directamente á Primeira División ao final da tempada, ocupando o lugar do último clasificado desta que descendeu a Segunda División

Pola súa parte o último clasificado de Segunda descendeu directamente a Terceira División, posición que foi ocupada polo gañador da promoción de ascenso disputada entre os clubs de Terceira.

Clasificación PosEquipoXGEPGFGCDGPtsClasificación ou descenso1.Oviedo CF1812335826+3227Ascenso á Primeira División.2.Athletic Club de Madrid1810444035+5243.Murcia CF189273341-8204.Unión Club de Irún189275136+15205.Deportivo da Coruña1884638380206.Sporting de Xixón188284940+9187.Celta de Vigo188193638+2178.CA Osasuna187384547−2179.Sevilla FC1853102938−91310.CD Castellón1820161454−404Descenso a Terceira División X = Partidos xogados; G = Partidos gañados; E = Partidos empatados; P = Partidos perdidos; GF = Goles a favor ; GC = Goles en contra; DG = Diferenza de goles; Pts = Puntos

1 Ca chegada da Segunda República todos os clubs perderon a súa condición de Real. 2 A raíz dos incidentes rexistrados no encontro CD Castellón-Oviedo FC o estadio do Castellón, El Seguiol, foi clausurado e este negouse a xogar os catro encontros que lle restaban como local no Estadio do Valencia CF, Mestallla, polo que se lles deu por gañado aos seus rivais sen chegar a disputarse.

Resultados finais Ascenso a Primeira: Oviedo CF. Descenso a Segunda: Deportivo Alavés. Ascenso a Segunda: CE Sabadell FC. Descenso a Terceira: CD Castellón.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da LFP Web oficial da Real Federación Española Táboa de resultados

Categoría:Fútbol en 1933 1933