Jorge Sanz Rodríguez, nado o 1 de abril de 1993 en Madrid, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o Leyma Natura Básquet Coruña da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base.

Traxectoria deportiva Jorge Sanz formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, e chegou a debutar co primeiro equipo na Liga ACB e na Euroliga.

O 22 de agosto de 2012, chegou cedido por un ano ó Obradoiro CAB. Participou en 10 partidos da tempada 2012-13, nos que xogou 6 minutos por partido, e acadou 1.6 puntos e 0.7 asistencias por encontro.

Tras un ano en Santiago de Compostela, ó ano seguinte fichou polo filial Baloncesto Fuenlabrada da Liga Adecco Prata.

Equipos Real Madrid (2011–2012) Real Madrid B (2011–2012) Obradoiro CAB (2012–2013) Fundación Baloncesto Fuenlabrada (2013–2016) CB Peñas Huesca (2014–2015) Melilla Baloncesto (2016–2017) Básquet Coruña (dende 2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web oficial da FEB Perfil en Realmadrid.com

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1993 Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores do CB Peñas Huesca Categoría:Xogadores do Melilla Baloncesto Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña