Dafne é a primeira obra que pode ser considerada unha ópera segundo as convencións actuais,JSTOR.org "Dafne", the First Opera. A Chronological StudyNYTimes.com " TRAVEL ADVISORY; Opera's 400th Birthday Is Celebrated in Vienna" con música de Jacopo Peri e libreto en italiano de Ottavio Rinuccini. Aínda que o libreto sobreviviu completo (e consérvase na New York Public Library), a meirande parte da música composta por Peri perdeuse, sobrevivindo só seis fragmentos, dos cales dous pertencen a Jacopo Corsi. Dafne foi estreada durante o Entroido de 1598.

Historia Dafne foi escrita para un conxunto máis pequeno que o das óperas posteriores de Claudio Monteverdi, isto é, un harpsicordio, un laúde, unha viola da gamba, un arquilaúde, e unha frauta tripe.NewAdvent.org Sobre a base dun novo desenvolvemento do tempo, Peri creou recitativos, discursos melódicos acompañados por música, como unha parte central da ópera.

A historia de Apolo namorado da ninfa Dafne, foi composta por Jacopo Peri para un círculo reducido da elite de humanistas de Florencia, a Camerata Florentina, entre 1594 e 1597, co apoio, e posiblemente a colaboración, do compositor e mecenas Jacopo Corsi.JSTOR Peri and Corsi's "Dafne": Some New Discoveries and Observations, William V. Porter; Journal of the American Musicological Society, Vol. 18, No. 2 (Summer, 1965), pp. 170–196NNDB's Jacopo Peri page Foi representada probablemente en 1597 ou 1598 no Palazzo Corsi. e constitúe a tentativa de facer revivir a traxedia grega, segundo novos ditados, moi lonxe do que os antigos gregos terían aprobado, mais converteuse nun novo xeito de entretemento que se desenvolvería nos seguintes 400 anos.

A meirande parte da música de Peri está, non obstante, perdida, a pesar da súa popularidade en Europa no tempo da súa publicación, mais ten chegado aos nosos días o libreto constituído por 455 versos. A familia florentina dos Medici, señores de Florencia, quedou tan impresionada co traballo encargado a Peri que a opera Euridice foi representada en ocasión do matrimonio de María de Medici con Henrique IV no 1600.MusicWithEase.com "Opera Before Gluck

Partes destacadas "Almo dio che 'l carro ardente.." "Da fortunati campi ove immortali.." "Non curi la mia pianta o fiammaa o gelo.."

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Jacopo Peri Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas de 1598 Categoría:Óperas estreadas en Florencia Categoría:Óperas perdidas