miniaturadaimagem|Selo soviético emitido en 1987 por mor dos 30 anos da creación da OSPA
A Organización de Solidariedade cos Pobos Afroasiáticos (OSPA, en inglés Afro-Asian Peoples' Solidarity Organization AAPSO) é unha organización non gobernamental con comités nacionais en máis de 90 países creada o 27 de decembro de 1957 no Cairo froito da colaboración entre Exipto, a Unión Soviética e a ChinaTOUVAL, Saadia (1999) The Boundary Politics of Independent Africa Nova York:iUniverse, p. 52, incluíndo no seu seo a diversas organizacións políticas e culturais. Os seus obxectivos iniciais eran a loita contra o imperialismo, o colonialismo e o neocolonialismo, o racismo, o sionismo e a coordinación antifascista. A partir de 1965 co aumento dos conflitos entre a URSS e a China a influencia da organización diminuíu centrándose en novos temas, como o desenvolvemento económico, social e cultural, a loita polos dereitos humanos, a democracia, o combate contra a corrupción, cuestións demográficas e ambientais, conflitos internos e guerras civís, os problemas dos refuxiados, e moitos outros. Notas
Véxase tamén Comité Soviético de Solidariedade con Asia e África Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Organizacións non gobernamentais